O concerto de Mago de Oz do 3 de agosto será unha das atraccións das Festas do Verán de Ribeira

O concerto de Mago de Oz do 3 de agosto será unha das atraccións das Festas do Verán de Ribeira
Mago de Oz será unha das actuación estelares das Festas do Verán de Ribeira

A falla de pouco menos de tres meses para que comecen as Festas do Verán de Ribeira -desenvolveranse desde o 2 ao 6 de agosto-, xa está con firmada a primeira actuación estelar do cartel. Trátase da banda de folk metal Mago de Oz, fundada en xullo de 1988 polo batería Txus di Fellatio no barrio madrileño de Begoña. Tal e como se incida na páxina web oficial do grupo, o concerto terá lugar o día 3 de agosto e previsiblemente, tal e como ten sucedido nos últimos anos, será sobre o escenario que se instalará na Praza de España, la capital barbanzana. Pese a que en dita web había onte un enlace no que se indicaba ”comprar entradas”, desde a empresa que se encarga da súa contratación indicaron que o concerto era de entrada libre e de balde, e pouco despois se cambiou pola mensaxe “coming soon”.

Este concerto en Ribeira confirmouse na xornada do luns na web oficial de Mago de Oz ao igual que outras sete actuacións que se sumaron ás 26 que xa estaban pechadas con anterioridade desta segunda parte da xira máis longa do grupo en toda a súa historia, e que acada os 99 concertos. Estas novas contratacións chegaron despois do gran éxito colleitado en México con “Diabulus in Ópera”, que obtivo un éxito e repercusión tan rotundos que se convertiu nun reclamo para que en seis cidades do territorio estatal, entre elas Ribeira, quixeron contar co grupo máis grande da historia do rock español. Esta banda chegará con moitos cambios sobre os membros orixinarios, destacando especialmente o do vocalista, Javier Domínguez “Zeta” no lugar de José Andrea, que marchou tralo 25 aniversario do grupo..


Prevese que o concerto en Ribeira sexa un dos máis multitudinarios, pese a que coincide en xoves e ao día seguinte é xornada laborable, pois está considerada como unha das mellores banda do país. Aínda que atópase coa presentación do seu último álbum, “Finisterra Ópera Rock”, a bo seguro que na capital do Barbanza soarán os temas tan míticos como “Fiesta pagana”, “La rosa de los vientos”, “Y ahora voy a salir” y “Que el viento sople a tu favor”, entre outros.

O concerto de Mago de Oz do 3 de agosto será unha das atraccións das Festas do Verán de Ribeira

Te puede interesar