Condenan a 10 meses de cárcere aos dous autores do roubo nos xulgados de Ribeira no ano 2013

Condenan a 10 meses de cárcere aos dous autores do roubo nos xulgados de Ribeira no ano 2013
A Policía Científica recolleu as cordas polas que se descolgaron os ladróns | CHECHU

Os ribeirenses Modesto Luis L.R. y Pedro Manuel Ch.C., de 37 y 40 años, respectivamente, foron condenados a dez meses de prisión polo Xulgado do Penal Número 2 de Santiago de Compostela. Despois de dous aprazamentos, causados por diversas incomparecencias, estaba previsto que o xuizo oral se celebrase onte, ás once e media da mañá, pero antes de entrar na sala de vistas houbo un acordo de conformidade, polo que non foi necesario que non se desenvolvese como tal e non tiveron que declarar os numerosos testigos citados, sobre todo efectivos da comisaría do Corpo Nacional de Policía de Ribeira. Estes ladróns estaban acusados dun roubo con forza rexistrado na madrugada do 30 de novembro de 2013 no edificio dos xulgados ribeirenses, polo que a Fiscalía pedíalles, respectivamente, tres anos e un ano e seis meses, pero finalmente se reduciu esa solicitude ao alcanzarse conformidade, polo que se lles modifica o delito a un roubo con forza en grao de tentativa, e ambos reconocen a súa autoría dos feitos.


Este procedimiento abreviado procedía do Xulgado de Instrucción Número 3 de Ribeira e a Fiscalía sinalaba no seu escrito provisional de acusación que Modesto Luis L.R. y Pedro Manuel Ch.C. actuaron de común e previo acordo na acción, e co propósito de obter un inmediato beneficio patrimonial na referida noite do 2013 acudiron a un edificio de pisos situado na Rúa da Feira, que está continuo á sede xudicial da capital barbanzana. Tal e como xa se relatou no seu momento, desde o interior do bloque de vivendas subiron ao tellado, para o que forzaron a claraboya -causaron desperfectos valorados en case 864 euros-, para logo saltar ao tellado dos xulgados, romper a claraboya do mesmo -os danos foron valorados en 429 euros-, descolgar unha corda, deslizarse por ela e así conseguir entrar no inmoble.

O Ministerio Público precisaba nas súas conclusión provisionais que logo forzaron a porta do arquivo e violentaron gran cantidade dos paquetes, caixas, sobres e obxectos que alí había, usando para elo unha navalla que foi atopada no lugar. A Fiscalía engade que todo iso o fixeron presumiblemente en busca de droga e cartos, levándose únicamente un xogo de walkie-talkies, perdendo un deles na fuxida por un ventanuco dun aseo da pranta baixa. A consecuencia desta sentenza, Modesto Luis L.R. regresará ao cárcere de Teixeiro do que saiu para o xuizo, pois ten antecedentes penales por roubo con forza, mentres que Pedro Manuel Ch.C. parece que non deberá ir a prisión pois os seus antecedentes penales non son computables. Pero, como ten causas pendentes, posiblemente teña que ingresar no cárcere tralos vindeiros xuizos.

Condenan a 10 meses de cárcere aos dous autores do roubo nos xulgados de Ribeira no ano 2013

Te puede interesar