O PSOE celebra en Rianxo o Día de Galicia coa súa tradicional ofrenda a Castelao

O PSOE celebra en Rianxo o Día de Galicia coa súa tradicional ofrenda a Castelao
Figueira, Fernández Leiceaga e Cancela na homenaxe do ano pasado | CEDIDA

Os socialistas galegos renden un ano maís homenaxe a Castelao en Rianxo con motivo do Día de Galicia. Ao acto acudirá a vicesecretaria xeral do PSOE, Adriana Lastra, que participará na ofrenda xunto ao outros cargos institucionais e orgánicos do partido na comunidade, ademais de alcaldes, voceiros e militantes da formación.
Tra-la ofrenda intervirán a responsable do partido en Rianxo, Mari Carmen Figueira, a presidenta da xestora en Galicia, Pilar Cancela, e a vicesecretaria xeral do PSOE, Adriana Lastra. O PSdeG leva anos celebrando o 25 de Xullo en Rianxo.
Esta será a última homenaxe á que Pilar Cancela acode como responsable da xestora socialista na comunidade, xa que o partido celebrará eleccións primarias previsiblemente o próximo outono. De momento os precandidatos para ocupar a Secretaría Xeral de Galicia son o actual voceiro parlamentario, Xaquín Fernández Leiceaga, o deputado Juan Díaz Villoslada e o membro do Comité Federal, Gonzalo Caballero.
O Concello de Rianxo, pola súa parte, fixo público un bando no que chama á cidadanía a celebrar unha “xornada de festa e reivindicación” na que “o pobo galego con identidade propia” expresa “esa vontade colectiva como nación”, escriben.

Recordo de Angrois
No bando, o Concello lembra as vítimas do accidente de tren en Angrois, “80 mortos e mortas con vínculos rianxeiros algunhas delas”. O Goberno local solidarízase coas familias e sinala que catro anos despois “continúan sen amañarse as condicións de seguridade”.
O escrito remata pedindo "unha Patria/Matria libre de violencias" ao tempo que lamenta as continuas agresións contra as mulleres. "Que a festa axude a erradicar a pesada lousa do maltrato", reclaman.

O PSOE celebra en Rianxo o Día de Galicia coa súa tradicional ofrenda a Castelao

Te puede interesar