Facía un tempo que non se tiña coñecemento de roubos con forza en locais hostaleiros de O Barbanza, pero na madrugada do xoves volveuse a rexistrar un deses feitos delitivos. Foi no bar A Toskana, situado na Rúa Gudiños, de Rianxo, no que o ladrón rompeu un cristal e o marco da entrada ao negocio, forzou a porta e rompeu un cristal de seguridade e, unha vez dentro, forzou a tragaperras, que rompeu para levarse a recadación da mesma. Foi unha veciña dese mesmo edificio a que alertou á Policía Local ás 5.00 da madrugada de que escoitaba golpes no interior del citado establecemento e sospeitaba que puideran estar robando.
Segundo indicaron testemuñas, os agentes municipais chegaron en menos dun minuto ao lugar e fixeron unha inspección para controlar tanto a porta principal como as fiestras posteriores, pero xa marchara o caco. Logo se presentaron no lugar a Garda Civil e unha empregada do bar, que foi a que abriu a porta e comprobou que a tragaperras fora forzada e que había varios trozos tirados polo chan. Seguidamente, os axentes fixeron un rastrexo dentro do local pero no descubriron a ninguén. Polo momento descoñécese a autoría dos feitos, aínda que xa xurdiron as sospeitas dirixidas cara un coñecido ladrón, aínda que tamén se apunta que alguén poda aproveitarse de que estes días estivo en boca da xente para que lle voten as culpas a él. n