RIVEIRA-A primeira Festa do Polbo de Palmeira despacha máis de mil quilos de cefalópodo

RIVEIRA-A primeira Festa do Polbo de Palmeira despacha máis de mil quilos de cefalópodo
Diario de Arousa-2014-09-01-007-2d840be3_1

A celebración da Primeira Festa do Polbo de Palmeira superou todas as expectativas da organización a tenor da afluencia de xente que recalou na explanada portuaria da localidade, desexosa de probar este produto gastronómico galego.
Neste senso, e a falla de concretar os datos definitivos, a organización estima que entre os dous días de celebración serán consumidos mil quilos de polbo. E a isto haberá que sumar uns 450 quilos de churrasco, 150 de criollos, 400 quilos de mexillóns e 40 empanadas: todo, preparado polo coñecido pulpeiro Manuel Veloso xunto co seu equipo.
Como mostra da alta densidade de visitantes, na noite do sábado houbo que conseguir con urxencia máis racións de pan dado que se esgotaran todas as existencias que había dispoñibles. Nin sequera este feliz imprevisto diminuíu as gañas do público congregado de disfrutar dunha velada que estivo amenizada polo grupo The Fisherman’s Blues, ademais de haber outras interesantes propostas como atraccións para os nenos e tendas de artesanía.

En canto á mañá do domingo, numerosas persoas achegáronse de novo á explanada portuaria para asistir ás dúas actividades complementarias organizadas no marco dos festexos. Dun lado, unha masterclass de zumba –o baile de moda- que ao longo de máis dunha hora fixo moberse a varias decenas de persoas e, de outra, a exhibición de taekwondo ofrecida polo club riveirense campión de España e de Europa Natural Sport, que amosou sobre o tatami o talento dos xóvenes alumnos desta entidade.
Ademais, por segundo día a charanga BB+ encargouse de encher de música tanto a zona da festa como as animadas terrazas dos locais de hostalería situados no contorno; en tanto que ás 22 horas fará o propio o grupo Smoke, que xa actuara a pasada semana durante a feira Artemar Riveira.
Cómpre lembrar que a primeira Festa do Polbo de Palmeira está organizada polo Concello de Riveira coa colaboración da Comisión de Festas de Palmeira e os bares Baluarte, a de Alejandro e Manolo do Café.

RIVEIRA-A primeira Festa do Polbo de Palmeira despacha máis de mil quilos de cefalópodo

Te puede interesar