Álex Vidal: “Tratarei de seguir nesta liña para acadar o gran soño que é Tokio 2020”

O deportista ribeirense Alex Vidal xa está de volta tras proclamarase campión do Mundo de Parataekwondo na categoría K-43 (menos de 61 quilos), converténdose así en tetracampión do mundo e sumando a máxima puntuación cara a Tokio 2020, onde o taekwondo pasará a formar parte do calendario paralímpico por vez primeira.

Alex tivo que vencer en tres combates para acadar esta medalla de ouro. No primeiro combate enfrontouse ao xaponés Mitsuya Tanaka, ao que superou por 8-21. A pesar do amplo resultado, Vidal asegurou que “estiven un pouco atascado, pero logrei repoñerme no primeiro asalto, para no segundo levar o control”.

Na semifinal contra o ruso Kadibagama Omarov, estivo moi centrado dende o primeiro minuto e non tivo problemas para vencer (9-27). Na final esperaba o rival máis duro e máis coñecido para o deportista do Natural Sport Videlgi, o frances Bopha Kong, número 1 do ránking mundial. “Nos coñecemos moito, polo que sabíamos que ía ser un combate moi técnico no que aquel que cometese menos erros ía vencer. Estiven moi centrado, a pesar de que comecei perdendo nos dous primeiros asaltos. No terceiro metín un pouco máis de ritmo, con cintas e movéndome moito polo tapiz, e logrei poñerme por diante, saíndo todo a pedir de boca”, indicou o galego. Resultado final 12-16 a favor do noso deportista.

“Foi un campionato bastante duro, porque cada vez son máis competidores e é máis esixente. Trataremos de seguir nesta liña para acadar o gran soño que é Tokio 2020”.

Álex Vidal: “Tratarei de seguir nesta liña para acadar o gran soño que é Tokio 2020”

Te puede interesar