O Boiro é... 0 Boiro é fenomenal!!!

O Boiro é... 0 Boiro é fenomenal!!!
Os integrantes de Krusadas Boirenses organizan almorzos e merendas os días de partido

 

O CD Boiro está a 90 minutos de ascender a Segunda B. Defende o domingo en Mieres ante o Caudal o 2-0 acadado en Barraña na ida da eliminatoria entre campións de Terceira. Uns 300 afeccionados boirenses desplazaranse a Asturias a arroupar ao equipo de Jose Luis Lemos. Comandados polas “Krusadas Boirenses”, a peña máis famosa do fútbol modesto galego cun recorrido de 22 anos ás costas. A súa é unha historia de fidelidade, como explica Víctor Rodríguez, un dos fundadores que sigue en activo na organización xunto a outros como Esteban Silva ou Mario Sánchez.
En 1994 o CD Boiro xogaba en Primeira Rexional cando este grupo de rapaces, amigos do instituto, decidiron formar as Krusadas Boirenses. “Tiñamos uns 18 anos daquela, recordo que empezamos cun só bombo” explica Víctor. “Cos anos fomos evolucionando e crecendo, conseguindo máis material, unha caixa, bandeiras, camisetas, bufandas...” As Krusadas sufriron e gozaron ao longo de dúas décadas. O seu apoio ao CD Boiro sempre foi innegociable. Non se debilitou nos malos momentos, ao revés. En 1998 chegou a primeira gran festa co ascenso a Preferente. Hai tres anos celebraban outro éxito inesquecible, coa volta á Terceira. O equipo irrumpeu con forza na categoría nacional, e as Krusadas tamén. Cada partido en Barraña é unha festa. Os peñistas organizan comidas previas, entre eles ou con outras afeccións.
 “Isto é unha familia” di Víctor, que toca a caixa en cada partido. “Non nai nada de violencia, agora que rondamos os corenta anos imos cos nosos fillos ao fútbol”. As Krusadas garanten desta forma ter continuidade. Pasan as temporadas e crecen en número. Quen os coñece, únese. É o caso de Nati García, unha redondelana afincada en Riveira que foi fisio do equipo. Nas Krusadas non só hai xente de Boiro, tamén da Pobra ou de Noia. Comparten unha idea: “A afección tira moitísimo do equipo, sen afección non se conseguen obxectivos”. Algo que tamén recoñecen xogadores, técnicos e directiva. 
O CD Boiro conseguiu crear a simbiose perfecta. “O Boiro como entidade é unha piña, estamos remando todos xuntos, estamos nun momento histórico xusto cando o clube cumpre 50 anos” di con convencemento e satisfacción desde as Krusadas. O domingo ás 8 da mañá parten en varios autobuses a Mieres, lugar de encontro de moitos integrantes da peña que por razóns personais ou laborais se atopan en diferentes puntos da xeografría española. “Viaxaremos uns 60 das Krusadas que saímos dende Boiro, Caldas, Valladolid, Madrid, Oviedo, ou Eukadi” comenta Víctor.
A ninguén se lle pasa pola cabeza non ascender o domingo. “O equipo ten unha calidade suprema, non teño dúbida de que imos conseguir o ascenso. Sufriremos, pero imos a animar os noventa minutos para darlles forza aos xogadores”. 
Cunha afección como esta, vai a ser difícil que se escape o obxectivo en terras asturianas. Aínda que pase o que pase, as Krusadas seguirán a carón do equipo porque como explican “o Boiro é un estilo de vida”

O Boiro é... 0 Boiro é fenomenal!!!

Te puede interesar