Cambados acolleu o Día do Fútbol feminino galego

Cambados acolleu o Día do Fútbol feminino galego
diario de arousa-2017-06-26-036-e125607d-p

Cambados acolleu onte o Día do Fútbol Femenino Galego co partido en Burgáns entre as Seleccións Norte e Sur e coa Gala no Auditorio Municipal que organizaron a Revista do Fútbol Feminino Galego e o Concello. No encontro en Burgáns, a selección norte adestrado por Diego Fernández (Friol), acompañado por Marcos Mato (Victoria) e Alberto Golán (Tordoia), impúxose dende a tanda de penaltis á selección sur que dirixiu Chicho Val (Atlántida Matamá), acompañado por David Ferreiro (Penedo da Moo), e Adri González (Sárdoma). No encontro que rematou 2-2 participaron as catro xogadoras galegas que militan no Sporuing Braga, tamén Sarita Tui (Granadilla), Carolina (Oiartzun), Patri (Atlético de Madrid B) o María Vidal (Mercyhurst Lakers University), da NCAA estadounidense. Tamén houbo representación arousá, coa particpación da xogadora do Cambados Marjorie Allo.
Pola tarde no Auditorio Municipal tivo lugar a Gala do Fútbol Femenino para premiar ás deportistas máis destacadas da temporada. En total entregáronse 26 premios que representan a todas as categorías, como en campañas anteriores.


O premio principal da mellor xogadora foi para Vero Boquete, que este ano xogou no Paris Saint Germain quedándose ás portas do título da Champions. Na gala reunironse unhas 200 personas e outros dos premios máis destacados foron para o Deportivo, mellor equipo, e Chicho Val, del Atlántida Matamá, como mellor técnico.

Cambados acolleu o Día do Fútbol feminino galego

Te puede interesar