“Chega un momento no que a cabeza empeza a fallar, case non dormes en cinco días”


Tono Abal, cuntiense de 46 anos, vai participar no vindeiro Mundial de Raids de Aventura que se celebra do 10 ao 18 de novembro en Australia. Terá que correr, andar en bicicleta, remar en kaiak e facer escalada durante varios días orientándose só cun mapa e unha brúxula. Sen apenas durmir, recorrerá espectaculares paraxes cerca de Sídney. En total, serán 600 quilómetros dun trazado que a organización dará a coñecer xusto antes de empezar. Un reto dunha esixencia enorme no físico e no económico, pero que afronta sen medo e como punto álxido a moitos anos de adestramento e competicións que comenzaron correndo polo monte.

- Como empezou a súa febre co trail para desembocar nun Mundial de Raids de Aventura en Australia?
- Eu toda a vida xoguei ao fútbol no Atlético Cuntis. Plantei con 32 anos. Logo ía xogar algún partido de fútbol sala, pero un día rompín un dedo e optei por ir correr ao monte con un compañeiro de Caldas, Fernando Arca, que é campeón galego de montaña e está moi recoñecido a nivel nacional. Empecei pouco a pouco, competindo a nivel galego, nacional e logo internacional. Fun facendo bos postos.

- Cal é o atractivo de correr na montaña?
- O trail está de moda. É menos agresivo para as articulacións ca o asfalto, non vas pendente do reloxo e gozas da natureza. Hai probas de duns 20 kilómetros e outras de máis de 40 con moito desnivel acumulado, é duro. Levo xa dez anos. No Clube de Montaña Xesteiras de Cuntis. En 2015 fun campión galego de veteráns.

- E por qué empezou cos raids de aventura?
- Uns compañeiros da Coruña organizaron o Campionato de España en 2012 en Somozas e faltáballe unha persona no seu equipo de tres. Chamáronme e probei. Gustoume. Tes que correr por montaña, andar en bici de montaña, remar en kaiak de mar, facer rápel, tirolina ou escalada (algo de cordas)...Fomos terceiros no Campionato de España. En dous días fixemos uns 200 quilómetros, danche un mapa e unha brúxula e vas facendo as transicións.

- Qué é o mellor?
- O compañeirismo e a amizade que creas no grupo, dependemos uns dos outros. Chega un momento no que a cabeza empeza a fallar, case non dormes, son probas sen parar durante cinco días. Nós non paramos a durmir algo ata a segunda noite. Descansas 4 horas e segues. O corpo rinde porque o vas enganando, tomando xeles e cafeína. Ata o de agora a proba máis larga que fixemos foron catro días nos que durmimos pouco máis de 3 horas.


- Fálenos do seu equipo...
- Pertencemos ao Club Gallaecia da Coruña. Imos 4 a Australia. Somos Felipe Peña e Pablo López (A Coruña) e vén unha rapaza inglesa, Sabrina Berjer. Os meus compañeiros foron a Sudáfrica no mes de maio e foron cuartos nunha proba das Series Mundiais. Xa competín en probas internacionais en Irlanda, Gales, Francia e Canadá. Os gañadores das Series Mundiais, que son 8 ou 9 probas por distintos países, teñen o acceso ao Mundial de Australia, o resto pagan a cuota e acoden case un centenar de equipos de todos os continentes.

- É caro participar?
- Si. Cada equipos paga 6.000 euros de cuota de inscrición. Logo hai que sumarlle os billetes de avión, o aloxamento, enviar o material... É un deporte caro.

- É como se costea?
- Pois financialo co que podes ti aportar, eu teño sorte porque hai empresas que me axudan como Vitaldent. Todo gracias a que un día fun a unha consulta á clínica e saíu o tema, expliqueilles como era e mostráronse receptivos. Dixéronme que lles levara un dosier e decidiron apoiarme. Agradése, ao igual que outras empresas que tamén colaboran.

- Ten que levar moito material?
- Moito, si. Zapatillas e equipación de correr, a bici, o casco, luces na bici, a mochila, as palas de remo, o saco de durmir, dúas balsas inchables, todo o material de escalada... Cada un leva o seu material, a comida, a bebida, é obrigatorio un litro e medio de auga.

- E na casa que lle din?
- Miña muller xa está acostumada. Apóianme.

- Como se prepara un para afrontar 600 quilómetros correndo, pedaleando, remando e escalando case sen durmir durante varios días?
- Pois non fago preparación específica. O que máis me custa é a escalada, niso axúdanme moito os compañeiros do clube. Adestro os días que podo, como moito dúas horas correndo e algo máis en bici. A fin de semana vou remar porque hai que facer un pouco de todo, pero máis de dúas horas non lle adico.

“Chega un momento no que a cabeza empeza a fallar, case non dormes en cinco días”

Te puede interesar