“Foron tres anos frenéticos, de andar porta por porta todos os días”

“Foron tres anos frenéticos, de andar porta por porta todos os días”
Directiva Villalonga

José Miniño chegou ao Villalonga CF hai tres temporadas para lidar cunha das situacións económicas mais delicadas nos case 70 anos de historia do clube. O presidente e a súa directiva sortearona con éxito garantizando a viabilidade da entidade. Con moito esforzo e a axuda de todo o pobo, que no deixou desaparecer a un dos seus emblemas. Canso polo propio desgaste dos anos e da esixencia, Miniño deixa a presidencia. Mañá os socios do Villalonga están convocados a unha asemblea extraordinaria (11.30 horas), na que dimitirá en bloque a directiva. O futuro da entidade volve a estar en xogo.

- Por qué o deixa?
- Estou canso. O fútbol queima moito, teño o meu traballo e a miña familia, e o club esixe moitas horas. Ademais, Carlos García Padín, que para mín é unha persoa moi grande e leva toda a vida involucrado coma Xexo, tamén o deixa por motivos persoais.

- Foron eles os que o animaron hai 3 anos para coller a presidencia?
- En parte sí, aínda que foi unha aventura que asumín. Eu non son de aquí, aínda que levo 25 anos no pobo e sempre fun socio. Logo de varias asembleas e reunións xa en xullo de 2012 sen relevo decidín dar o paso. Era unha situación moi delicada.

- Por qué?
- Tivemos que facer xestións económicas inmediatadas, debíanse cinco meses ao plantel e outras moitas cousas que foron aparecendo. Estes tres anos foron frenéticos, sen cartos, con reclamcións, non podiamos liquidar o ex adestrador, nin fichar polas denuncias dos xogadores. Houbo un momento no que o clube podía desaparecer. Foron tres anos de andar porta por porta todos os días.

-  E como está agora a débeda?
- Reduciuse moito. Pasamos de 140.000 euros a 40.000, esperamos deixala en 32.000 ao final desta temporada. Collimos un clube sen cartos e con débedas. Tivemos que estar pedindo e pagando todos os días. Varios empresarios e socios prestaron ao clube unos 40.000 euros que temos que devolver. Traballamos coma burras, coas larpeiradas, as rifas de coches...

-  Por onde pasa o futuro do Villalonga FC?
-  Por facer unha boa xestión económica, se ten que estar en Preferente pois ten que estar e punto. Pero non pode endebedarse, 140.000 euros para un pobo de  3.000 habitantes non ten sentido, ademais sempre lle andas a cobrar e a pedir aos mesmos.

-  No aspecto deportivo non tivo moita sorte?
-  Non saiu como esperaba. Collémelo en Terceira, e fomos descender con 46 puntos por primeira vez na historia da categoría. O pasado ano estabamos ascendidos no último minuto do partido da promoción e marcáronnos no 93. Este ano fixemos un pequeno esforzo e tampouco saíron as cousas.

-  Que lle pide aos socios de cara á asemblea?
-  Pois que vaian  porque é importante. Necesítase que veñan con gañas de facer cousas, que entre xente nova. Nós fomos unha directiva de 20 persoas onde cada un tiña o seu cargo e funcionou. O Villalonga ten moitos anos de historia e debe seguir.

“Foron tres anos frenéticos, de andar porta por porta todos os días”

Te puede interesar