A peregrinación foi unha festa

A peregrinación foi unha festa
Diario de Arousa-2014-07-25-036-6a42b741

g. sánchez
vilagarcía

O Clube Baloncesto Doce rendiu homenaxe aos tres Concellos onde militou estas tres décadas cunha peregrinación botando un balón de baloncesto dende Caldas a Portas para rematar en Vilagarcía. Foi unha orixinal forma de festexar os seus trinta anos de existencia.
A convocatoria foi un éxito. Xogadores actuais, ex, veteráns e amigos foron partícipes dos trocos. Xuntaron case un centenar de persoas, que se foron incorporando ao longo do traxecto. Tiveron que modificar o percorrido inicial, ao final foron preto de 20 kilómetros de espíritu deportivo e ambiente festivo. Todo con moita conexión coa xente que animaba á caravana, escoltada por Protección Civil, Policía Local e  Emerxencias.  O clamor popular, sobre todo nas rúas de Vilagarcía, e a complicidade dos veciños deu aínda mais emoción á particular homenaxe.
Saíron de Caldas tras encestar tiros libres na pista das monxas, onde comezou todo fai 30 anos nos campionatos de verán. Tamén encestaron no pavillón de Caldas. As gañas coas que se tomaron o reto provocou que fixeran todo o percorrido correndo, desafiando ás altas temperaturas.  Durante a maioría dos tramos a persona que botaba a pelota tiña a varios compañeiros correndo ao seu carón. Ese espíritu de equipo é unha das claves da supervivencia do clube todos este anos.  
 Dende Caldas a Portas fixeron o primer tramo e chegou tamén a obrigada parada. Non faltou a visita ao Bar da Rapeira, escenario de moitas anécdotas durante moitos anos. No pavillón a sorpresa leváronna os peregrinos aloxados, que non daban crédito. Alí varios membros da comitiva tamén encestaron tiros libres antes de emprender a ruta de volta a Caldas, onde tiveron que facer unha pausa e desprazarse en coches ata a altura do Hotel Ciprés, unha vez que a Policía Local de Caldas non se responsabilizaba a facer o tramo por Saiar e Godos da Nacional 640.
A segunda parte da peregrinación foi tamén de 10 kilómetros, cunha parada na gasolineira de Rubiáns. Os xogadores corrían e botaban detrás dunha furgoneta, que durante un tramo foi discoteca móvil ata que o invento dixo basta. Nela portaban as bebidas de avituallamento e un cámara  de vídeo recollendo outro histórico documento que deixa o clube. A comitiva acabaou en Fontecarmoa, tamén con lanzamentos a canasta e incluso algún mate, eso sí, con axuda. En tres horas cumpriron o itinerario. Logo chegou a festa, que empezaron con outra peregrinaxe, pero esta vez polos bares colaboradores ata rematar cun concerto no Bianco.

A peregrinación foi unha festa

Te puede interesar