• Viernes, 20 de Octubre de 2017

“Salvarnos é unha utopía, dende o principio saíu todo do revés”

O Ana Vidal Arousana recibe mañán ás 12 horas na Lomba ao Xixón FF na vixésimo segunda xornada de liga de Segunda Nacional. As locais, colistas con só 8 puntos, necesitan un milagre nos últimos cinco encontros para conseguir a permanencia

“Salvarnos é unha utopía, dende o principio saíu todo do revés”
Nando González lamenta as dificultades desta temporada            g. salgado
Nando González lamenta as dificultades desta temporada g. salgado

O Ana Vidal Arousana recibe mañán ás 12 horas na Lomba ao Xixón FF na vixésimo segunda xornada de liga de Segunda Nacional. As locais, colistas con só 8 puntos, necesitan un milagre nos últimos cinco encontros para conseguir a permanencia. Acumulan sete derrotas seguidas nunha temporada que se foi torcendo en todo os aspectos ata chegar a esta situación deportiva crítica. O adestrador Nando González analiza o ocorrido.

- Asúmese o descenso?
- Somos conscientes da situación na que nos atopamos. Sabemos que é unha utopía, pero imos a pelexar mentras as matemáticas non digan o contrario, sabemos da dificultade e da dinámica, teriamos que gañar catro dos cinco partidos que quedan, o deste domingo xa é un deses partidos definitivos.

- Como chegou o equipo a esta situación?
- Esto vén dende principios de xuño cando acepto renovar. Dende o principio saíu todo torcido. Aparte das saídas de Belén ao Valencia, Nuria e Ari ao Deportivo, Paula ao Tordoia, Marta que deixou por estudos ou Miri que tamén deixou, aínda que agora volve, non fomos capaces de fichar nada.  Ben por incompatibilidade co traballo, porque tiveron mellores opcións ou porque nos viron que o proxecto non daba levantado, ata dezaséis xogadoras coas que falamos rexeitaron as ofertas. Tivemos que tirar de xogadoras do B, xente moi nova aínda non tan preparada para competir en Nacional. Tamén tivemos moitas lesións e sancións en partidos importantes.

- Por que non reforzaron ao equipo mediada a temporada?
- Porque non fomos capaces. Foi un ano negro, a diferencia do anterior. 

- Descender sería un paso atrás importante?
- Si, polo que significaría a nivel económico e deportivo, pero hai que ler máis alá, levamos dúas temporadas de volta e xa se baixou outras veces, ao mellor hai que plantexarse fortalecer a base para fortalecer ao primeiro equipo, temos que ter xogadoras da zona, feitas na canteira con sentido de pertenza ao clube. 

- Seguiría outro ano?
- Este ano paseino mal a nivel persoal e deportivo. Quero rematar a temporada o mellor posible, non penso no ano que vén, pero sei que cando hai un descenso o normal son os novos aires.

- Algo positivo haberá deste ano...
- Pois hai unha rapaza, Ana, que apunta boas cualidades e leva un mes xa adestrando con nós. Non pode xogar aínda por idade. Pode ser o espello no que mirarse para pensar no futuro.