• Martes, 26 de Septiembre de 2017

TKDay: Deporte sen competencia por un día

Coa idea de deixar de lado por un día a competición e centrarse nos valores do deporte do taekwondo naceu a iniciativa chamada TKDay, promovida pola taekwondista Lúa Piñeiro e que se celebrará o vindeiro sábado día 20 na Tafona de Caldas de Reis.

TKDay: Deporte sen competencia por un día
A xornada foi presentada polos seus promotores xunto co alcalde de Caldas, vila na que terá lugar a actividade  | cedida
A xornada foi presentada polos seus promotores xunto co alcalde de Caldas, vila na que terá lugar a actividade | cedida

Coa idea de deixar de lado por un día a competición e centrarse nos valores do deporte do taekwondo naceu a iniciativa chamada TKDay, promovida pola taekwondista Lúa Piñeiro e que se celebrará o vindeiro sábado día 20 na Tafona de Caldas de Reis.

Durante esta xornada preténdese que os rapaces se divirtan, compartan experiencias e aprendan dos máis de 200 deportistas de todos os clubes de Galicia que acudirán á cita.

Nunha primeira parte da xornada, os taekwondistas distribuiranse en dous grupos de idade e alternaranse nas actividades. Mentres os máis novos adestrarán pola mañá e xogarán pola tarde, o segundo grupo farao ó contrario. Con medallistas de nivel internacional e distribuidos por estacións, os rapaces aprenderán cun sistema adaptado á súa idade as distintas disciplinas: Técnica, combate e exhibición.Na parte da diversión, haberá inchables, pintacaras ou búsqueda do tesouro, ademais dunha comida conxunta.

Nomes de altura
Entre os profesionais que impartirán os seus coñecementos cos novos taekwondistas estarán a propia Lúa Piñeiro, campiona de Europa de clubes e Diplomada en Maxisterio de Educación Física e Primaria; Samuel Meilán Fernández, Bronce no Campeonato do Mundo, 6º Dan e adestrador persoal; Manuel Rodríguez Fernández, subcampión de Europa de Freestyle Equipo e estudante de Grao en Química; Juan Fernandez Rey, campión de España e Licenciado en INEF e Gabriel Moral López, campión de España de Freestyle e Licenciado en INEF e Fisioterapia, entre outros grandes deportistas.