CAMBADOS - Os Bolechas inauguran o cuarto programa FalaRedes, cun ano cheo de lecer en galego

CAMBADOS - Os Bolechas inauguran o cuarto programa FalaRedes, cun ano cheo de lecer en galego
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o alcalde, Luis Aragunde, cos monicreques dos Bolechas gonzalo salgado

O espectáculo de monicreques “Os Bolechas e a máquina do tempo” ateigou onte o auditorio da Xuventude. Os máis pequenos gozaron desta nova aventura das súas personaxes preferidas que chegaron á vila como parte da cuarta edición do programa de dinamización lingüística FalaRedes que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaira leva polos concellos adscritos á Rede de Dinamización Lingüística da Xunta, como é Cambados (RDL). Pero isto só foi o principio pois xa se están a preparar outras actividades que se desenrolarán ata decembro para nenos preadolescentes e o público en xeral.

A nova proposta do debuxante Pepe Carreiro entusiasmou aos cambadeses máis pequenos que son uns fieis seguidores das súas andanzas, ademais “Braulio, Carlos, Pili, Loli, Sonia, Tatá e Chispa son un referente positivo galegofalante para a xente miúda, pois sempre falan na nosa lingua: nos libros, nos programas televisivos e nos espectáculos”, explicou o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García. Foi na presentación desta nova edición de FalaRedes que se inaugura cunha xira de “Os Bolechas na máquina do tempo” e onte tamén estivo en Cambados, en compañía do alcalde, Luis Aragunde.

Obxectivos

Segundo García, con esta novidade “queremos potenciar a identificación dos nenos e nenas asistentes cos seus protagonistas”, pero as propostas de lecer en galego, pensadas para todas as idades e coas que promover o uso e a valoración positiva da propia de Galicia, extenderanse ata decembro. De feito, antes do verán se porán en marcha dúas máis destinadas ao público en xeral e o preadolescente.

Nesta primavera estas personaxes animadas recorrerán os concellos da Rede cun espectáculo de monicreques manipulados por actores á vista (dirixido a rapaces de catro a oito anos de idade). Ademais de en Cambados, se pode ver hoxe en Santiago de Compostela e os seguintes pases terán lugar nos concellos coruñeses de Cee, Ames, Aranga, Noia e Santa Comba, e mais na Fundación Eduardo Pondal (Ponteceso), coa colaboración da Deputación da Coruña. De feito, FalaRedes sae adiante grazas tamén á colaboración das deputacións provincias. Trátase dunha creación moi visual e interactiva. Tras deixar atrás a Sabichón, os irmáns Bolechas e o seu inseparable Chispa atoparán un aparello co que Braulio teletransportará a Carlos e a Pili ao futuro converténdoos en adultos. O doutor Apolodoro –o científico turuleque dono da máquina do tempo– levaraos a coñecer diferentes etapas da historia nunha viaxe temporal onde Os Bolechas terán que valerse da inestimable axuda do público para regresaren ao presente e á infancia.

Este programa de dinamización lingüística chega á súa cuarta edición, logo do éxito obtido nas case 600 actividades desenvolvidas no marco da RDL durante os tres primeiros anos de desenvolvemento deste plan. As propostas que se integran nel ano a ano buscan cumprir os obxectivos emanados do Plan xeral de normalización da lingua galega, nomeadamente, aqueles que animan a promover o uso e a valoración positiva da lingua propia de Galicia na infancia, na mocidade e na familia, enchendo o seu tempo de lecer con actividades de calidade no noso idioma.

La Rede conta na actualidade nas preto de 170 entidades adscritas.

CAMBADOS - Os Bolechas inauguran o cuarto programa FalaRedes, cun ano cheo de lecer en galego

Te puede interesar