Cambados promove en Fitur o enoturismo e o seu patrimonio histórico

O Alcalde, Luis Aragunde, ten previsto presentar o vindeiro xoves 29, ás 18.00 horas,  os recursos  turísticos do municipio na Feira Internacional de Turismo (FITUR) 2015 que se celebra en Madrid do 28 de xaneiro ó 1 de febreiro. O acto vaise realizar no stand de Galicia, a través do seu ente de xestión Turgalicia e a Axencia Galega de Turismo, en conxunto coa Mancomunidade do Salnés no pavillón 9, dentro do módulo institucional por onde pasaron nas ultimas edicións máis de 65.000 visitantes nos cinco días de duración da feira.

Luís Aragunde fará unha presentación dos recursos endóxenos da capital do albariño, da súa gastronomía baseada nos sectores produtivos: mar e agro, do seu patrimonio histórico e das suas paisaxes. Na mesma presentación fará referencia á catalogación das Ruínas de Santa Mariña dentro da Rede de Cemiterios Singulares Europeos ASCE. Un camposanto que vén de ser distinguido por unha revista especializada de ámbito nacional como o terceiro monumento arquitectónico arquitectónico funerario máis fermoso de España.

O rexedor cambadés dará a coñecer na feira a nova Asociación Internacional de Enoturismo (Aenotur), da que Cambados ostenta a presidencia e que esta formada por concellos e entidades de Italia, España, Portugal, Arxentina e Brasil. Entre os obxectivos que se plantea inicialmente Aenotur quérese dotar ó sector dunha estrututra estratéxica internacional que permita homoxeneizar o enoturismo en todo o mundo. Hai dous técnicos especializados que xa están rematando un Plan Director, na procura de que as actividades enoturísticas que se implementen en Europa sexan similares ás que se realicen en América ou as de calqueira outro continente.

Luis Aragunde reuniráse tamén con diferentes axentes e profesionais do sector, revistas e prensa especializada aos que se lle  exporá os principais recursos coma o Conxunto Histórico, a Festa do Albariño, a gastronomía,  a festa da vieira.

FITUR demostra en cada edición o seu notable poder de convocatoria entre os profesionais do sector, empresas e institucións, e tamén no público en xeral. E é que dita feira está consagrada  como unha das citas ineludibles para a promoción e comercialización de tódolos produtos e servizos turísticos.

Dende o 28 de xaneiro  ao 1 de febreiro  o recinto ferial  IFEMA será un fervedoiro de persoas, do que un elevado tanto por cento amosa o seu interese en Cambados, o Salnés e Galicia en xeral. A través do  material turístico da Ruta do Viño, de Cambados Monumental e as publicacións de Salnés  os interesados visitantes e axentes do sector  poderán ser  partícipes da ampla oferta turística galega.

Como vén sendo habitual en todas as edicións, a  demanda de información sobre a nosa comarca é  elevada,  polo que  xera expectativas de cara a Semana Santa, ao  verán, ao turismo de fin de semana e escapadas e ao turismo de proximidade.

Cambados promove en Fitur o enoturismo e o seu patrimonio histórico

Te puede interesar