• Domingo, 24 de Septiembre de 2017

A Carreira dos Institutos muda de nome e reúne a preto de 500 mozos

A Carreira dos Institutos de Cambados inscribiu nesta edición a 496 alumnos, dos cales remataron a proba 410. Foi nunha xornada con moi bo ambiente que serviu para a estrea do novo nome da proba: Memorial Alejandro García Fariña, en recordo do mestre impulsor da cita, falecido hai só uns meses.

Por idades, en Infantil resultaron gañadores, na categoría masculina, Fernando Redondo e na feminina, Candela Castro. Esta última foi ademáis a vencedora absoluta en mulleres, a pesar da súa corta idade. En cadetes, venceron Rubén Álvarez e Ana Castro. En Xeral (de 16 a 25 anos), entraron primeiros Víctor Álvarez (gañador absoluto, cun tempo de 9’30” no circuito de 3,2 quilómetros entre a alameda de San Tomé e o IES Asorey) e Carolina Vázquez. En veteranos, impuxéronse Román Pardal e Rocío Torres.

En Valga, preto de 500 estudantes participaron na VII Carreira pola Lingua, que organiza o instituto e o Concello. Houbo lectura con motivo das Letras Galegas antes da saída.