O Concello mellora a accesibilidade de Baltar e Silgar con flexipasarelas, andadores e muletas

O Concello mellora a accesibilidade de Baltar e Silgar con flexipasarelas, andadores e muletas
O concelleiro de Medio Ambiente, Juan Deza, e os socorristas amosan o material | cedida

Flexipasarelas, cadeiras anfibias, muletas, andadores e lavapés son os elementos que a partir de agora poderán atoparse as persoas con mobilidade reducida nas praias de Silgar e Baltar. Uns obxectos financiados a través do Plan Concellos 2017 da Deputación de Pontevedra que onte xa quedaron instalados en ambos areais.
Tendo en conta a importancia de mellorar a accesibilidade nos espazos públicos, o Concello traballa para facer destas dúas praias un espazo ideal para as persoas que precisan axuda para moverse. Tamén se tivo en conta que ambas praias teñen un grado de ocupación moi alto na época estival e a zona de baño é bastante tranquila con escaso oleaje. As pasarelas instaladas son de plástico reciclado que permiten o seu fácil transporte, presentan un mantemento moi baixo, sendo só necesario retirar a area mediante un varrido manual. E, ademais este material non se ve afectado polo auga se é alcanzado pola liña da marea, nin pola humidade da area. O orzamento para a adquisición destas pasarelas ascende a 16.536,34 euros.
Ademais, e coa finalidade de mellorar esta accesibilidad anteriormente mencionada, adquiríronse unha serie de materiais como son: Dúas cadeiras anfibias, dúas kits de muletas anfibias composto por soporte e catro pares de muletas de diferentes dimensións e catro andadores con rodas e asento.
As cadeiras anfibias están deseñadas non só para entrar no auga, senon para desprazarse tamén pola area. Presentan un sistema de flotabilidade que lle permite ao usuario gozar dunha sensación moi agradable durante o baño. As muletas están preparadas para que o usuario poida camiñar cómodamente pola area, por iso, a base ten unha superficie máis ampla que unha muleta normal, para impedir que se afunda na area. Estas muletas poden utilizarse no auga e están reenches dun material que garante o seu flotabilidad. Os andadores de praia están pensados para que as persoas con movilidade reducida poidan desprazarse máis cómodamente polos arenais e ata dar un paseo pola zona húmida e sentarse a descansar, xa que dispoñen de asento. O prezo de adquisición deste material ascende a 5.643 euros. Asimesmo, adquiríronse 3 lavapés, que teñen como finalidade dar servizo aos usuarios das praias do municipio. Dous deles instalaranse en praias urbanas do concello, xa que os existentes están estropeados. l

O Concello mellora a accesibilidade de Baltar e Silgar con flexipasarelas, andadores e muletas

Te puede interesar