O Concello de Sanxenxo destinará 233.401 euros a preservar a seguridade nas praias

O Concello de Sanxenxo destinará 233.401 euros a preservar a seguridade nas praias
Diario de Arousa-2016-05-17-012-ba4b9862_1

O Concello de Sanxenxo celebrou onte pola mañá as probas de selección do persoal que reforzará no verán o Servizo de Vixilancia en Praias, á que a administración local destinará unha contía aproximada de 233.401 euros. Ao proceso desenvolvido na praia de Silgar e no Pazo Emilia Pardo Bazán presentáronse 53 candidatos aos postos de socorristas e 16 sanitarios, que non tiveron que realizar a proba de natación. 
A praia de Silgar foi o escenario das probas físicas nas que participaron un total de 53 aspirantes a socorristas e que consistiron en correr 200 metros pola area co material de salvamento (aletas e flopi), entrar na auga e nadar 800 metros ata unha aboia e superar outros 200 metros de carreira pola praia portando as aletas e o flopi. Posteriormente tiveron lugar os exames teóricos. O temario para os socorristas constou de cuestións sobre primeiros auxilios e doutros temas relacionados co salvamento acuático como os seus principios xerais, secuencia de actuación, técnicas de entrada na auga, flotacións, técnicas de natación adaptadas, mergullo, técnicas de control e de remolque directas, de utilización do material de rescate, técnicas para o rescate de accidentados de columna, de respiración artificial no medio acuático, de extracción de accidentados, de salvamento acuático en espazos naturais e comunicacións. 
No caso dos sanitarios, os exames teóricos  tipo test sobre primeiros auxilios estiveron centrados nas pautas xerais ante un accidentado, valoración do accidentado, reanimación, arterioesclerosis-aterosclerosis, hemorraxias, feridas, traumatismos e politraumatismos, shock, cadros convulsivos, trastorno pola calor, lesións e trastornos polo frío, intoxicacións pola vía dixestiva, picaduras e mordeduras, entre outras.

O Concello de Sanxenxo destinará 233.401 euros a preservar a seguridade nas praias

Te puede interesar