Crean un regulamento para poñer fin aos conflitos nos recintos deportivos

Crean un regulamento para poñer fin aos conflitos nos recintos deportivos
Vista do acceso principal ao Complexo Deportivo O Pombal | d. a.

A Concellería de Deportes levará ao pleno do xoves un regulamento de xestión e uso das instalacións deportivas para a súa aprobación ante a “total desorganización” que había e que daba pé a numerosos problemas e incluso á aparición de destrozos, segundo o concelleiro Víctor Caamaño.
O tamén primeiro tenente de alcalde explicou que as instalacións levaban máis de 20 anos funcionando ao “libre albedrío” e isto ten provocado problemas sobre a prioridade dos clubes á hora de usalas para os adestramentos e a celebración de partidos, pero tamén doutra índole e que lles eran difícil de solventar sen unhas normas mínimas.
Con este regulamento preténdese facer un calendario oficial ao inicio de cada tempada contemplando estas cuestións e tamén compatibilizar o uso para os veciños que non pertenzan a ningunha organización deportiva, pero acabando con situacións como a vivida hai uns días, cando un usuario andaba coa súa bicicleta polo interior dun pavillón ou a rotura de elementos como unha das porterías laterais de fútbol sete por non movela de maneira axeitada. É máis, segundo Caamaño, non había nin obriga de presentar un escrito de solicitude de autorización e máis dunha vez á xente entra saltando o peche ou mesmo rompendo o valado.

Sancións e taxas públicas
Tamén haberá un réxime sancionador que permitirá aos dous responsables de pavillóns exercer á súa autoridade como responsables das instalacións, recollendo sancións para aqueles que incumpran as normas ou exerzan actividades prohibidas ou incívicas.
O regulamento, que o concelleiro levará a pleno para a súa aprobación inicial, tamén recolle un informe xurídico onde se estipula a necesidade de establecer unhas taxas públicas polo uso do equipamentos. Non obstante, “polo de agora descartamos cobrar porque o principal problema é a desorganización total actual”.
Con todo, Caamaño explicou que nun futuro non se descarta aplicalas para que o Concello vaia xerando fondos cos que ter as instalacións no mello estado posible, xa que recoñeceu que lle custa. “Son infraestruturas moi grandes e teñen certo abandono porque se esqueceron delas durante moito tempo”, engadiu. O primeiro tenente de alcalde explicou que a pesar de facer grandes inversións non se tivo en conta o mantenemento continuado e así, os campos de herba xa precisan arranxos, hai vestiarios en precario e o campo de Burgáns precisa dunha “inversión considerable”, pero “só pintar a estrutura metálica da grada custa 35.000 euros”. A isto sumou a falta de personal porque hai máis recintos, pero o mesmo que hai 25 anos e adiantou que non descartan desviar doutros servizos para mellorar o mantemento.
Tamén explicou que o borrador falouse previamente cos clubes e recolle algunhas das súas propostas. “Vai custar, tras 20 anos sen nada, pero agardamos que se cumpra o noso obxectivo: dar o mellor servizo posible”.

Crean un regulamento para poñer fin aos conflitos nos recintos deportivos

Te puede interesar