• Jueves, 23 de Noviembre de 2017

Dornas, homenaxes, arte e moita literatura centran os actos das Letras en O Salnés

Os actos con motivo das Letras Galegas buliron onte na comarca de O Salnés cun sinfín de actividades nas que destacaron a ampliación das organizadas pola asociación cultural Dorna en A Illa e a primeira gala que Ribadumia

Dornas, homenaxes, arte e moita literatura centran os actos das Letras en O Salnés

Os actos con motivo das Letras Galegas buliron onte na comarca de O Salnés cun sinfín de actividades nas que destacaron a ampliación das organizadas pola asociación cultural Dorna en A Illa e a primeira gala que Ribadumia impulsa para homenaxear a veciños que loitasen pola defensa do galego.
Na vila insular, esa medra de eventos incluiu nesta ocasión a inauguración da reforma da Escola de Pau, construcción que este ano cumpre un século de vida e que alberga as dependencias de Dorna.

Os actos xa continuaron en O Xufre, como de costume, con baile e música popular, lectura de textos e poemas e o bautismo dunha nova embarcación tradicional da Escola de Navegación.

En Ribadumia, o auditorio acolleu a declaración do sacerdote Dositeo Valiñas como ribadumiense a Prol do Galego, unha distinción que lle chega por ser dos primeiros párrocos en oficiar as misas e cerimonias en galego aínda durante o franquismo.


É intención do Concello seguir apostando por este formato en anos próximos, abrindo a asociacións e entidades veciñais a oportunidade de postular a persoeiros locais para ser dignos desta homenaxe pola súa defensa da lingua de Rosalía.

En Meis, o Campo da Feira de O Mosteiro acolleu unha nova edición da Xuntanza das Letras e en Meaño destacou a cita organizada na Quinta de San Amaro cun serán artístico e literario. Nel participaron representantes de diferentes disciplinas, literatura, música, fotografía e escultura. Foi presentado pola organizadora Tere Suárez, coa colaboración do escritor e xornalista Fernando Salgado Varela. Entre os intervintes contouse con Beni Yáñez, redactor xefe de Diario de Arousa, que presentou a sua novela “Os Donos das Cinsas”, Premio Risco de Creación Literaria.