O Festival Xironsa celebra a súa edición máis familiar e inclusiva cunha ducia de actuacións

O Festival Xironsa celebra a súa edición máis familiar e inclusiva cunha ducia de actuacións

A Asociación Xironsa celebrará os días 25 e 26 unha edición máis do seu festival “100% galego” coa tradición e o máis actual do panorama musical galego sobre o escenario e con novidades como unha zona infantil familiar con actividades paralelas, postos de comida e a instalación de pictogramas para persoas con dificultades de comprensión, sendo un modo de colaboración coa asociación Por Dereito de familiares e personas con autismo. Entre as actuacións previstas están O sonoro Maxín, Treixadura ou o Cuarteto Caramuxo, entre outras bandas e solistas. 
Liso González, directivo da entidade, explicou que tamén hai cambios nos horarios, de tal modo que a maior parte dos concertos serán diúrnos, comezando ás 13 horas. Deste modo, poderán asistir as familias, que ademais terán un espazo propio, acotado e con entretemento de “Rudi Rudi”, o mago Dani García e xogos populares. Ademais queren colaborar con Por Dereito porque é “unha asociación que nos gusta moito como traballa”. 
O Festival Xironsa é unha das 16 propostas apoiadas pola Deputación de Pontevedra a través da liña de axudas creadas especificamente para festivais deste tipo que apostan por este concepto, porque “somos un país de músicos, somos unha gran potencia”, manifestou o deputado de Cultura, Xosé Leal. Xunto a el compareceu o concelleiro cambadés Víctor Caamaño, quen ratificou o apoio do Concello a eventos coma este, que ademais inclúe unha Feira de Artesáns con 15 postos e un Serán, o terceiro e unha parte moi importante para Xironsa porque “a maioría dos músicos saimos de seráns, de asociacións de base como a nosa”, explicou González, que estivo acompañado por outros directivos: Juan Maceiras e Ana Castro. 
Cartel musical 
Este terá lugar o primeiro día, o venres 25, coa Asociación Cultural Penaguda, na Praza da Seca, e a continuación está previsto que continúe a música cunha folidada aberta. O sábado os concertos de tarde inclúen actuacións de Xurxo Souto, Cuarteto Caramuxo, Blues do País e o Sindicato da Verbena. Nos descansos entre estas actuacións, a música correrá a cargo dos distintos grupos da Asociación Xironsa. Xa pola noite, o cartel está composto por O Sonoro Maxín, Treixadura, Leilía, e Boudebou gaiteiros, además haberá unha sesión de pinchadiscos.
Todas serán de balde e terán lugar no escenario que hai sobre a lámina de agua. Como explicou Liso González, “este non é un festival de grandes masas, senón de conceptos e ideas”. O directivo agradeceu o apoio de ambas institucións e máis da Consellería de Cultura da Xunta. l

O Festival Xironsa celebra a súa edición máis familiar e inclusiva cunha ducia de actuacións

Te puede interesar