“Fixen unha recopilación de receitas antigas de doces de distintas zonas de Galicia”

“Fixen unha recopilación de receitas antigas de doces de distintas zonas de Galicia”
Rocío García Caramés, autora do “Mel nas filloas” cedida

A paixón de Rocío Garrido Caramés pola gastronomía tradicional fixo posible a súa segunda publicación “Mel nas filloas” no que recopila antigas receitas de doces de distintas zonas de Galicia. Esta veciña de Vilalonga compaxina este proxecto con diversoso obradoiros e co seu exitoso blog culinario “La cocina de mi abuelo”.

Como xurde “Mel nas filloas”?
De receitas antigas que fun recopilando en distintos traballos, preguntándolle a xente maior e tamén da miña familia. Son sesenta recetas que van dende biscoitos ata a tarta de Santiago. Gran parte da miña familia está unida dunha ou doutra forma aos fogóns dende panaderías ata restaurantes

Pese ao titular, ningunha das receitas do libro é de filloas.
O título fai referencia a un dito popular que se emprega cando algún proxecto sae ben. Gustounos tamén porque a filloa é un doce típicamente galego e que se asocia rapidamente a Galicia.

Cal é a receta do libro que ten máis éxito?
A da tarta de Santiago. Pese a que é unha receita sinxela, a moita xente lle interesa coñecer os pasos de elaboración. Outra receita que chama moito a atención é a de tortilla de pan doce, un postre que antigamente era de xente de poucos recursos. A moita xente lle parece incrible que dunha tortilla pan poida sair un doce tan rico. Ten moito éxito esta receita.

Apenas leva quince días nas librarías, cando vai a comezar a ruta de presentacións?
Confío en que a primeira sexa en Sanxenxo na Adega dos Eidos o vindeiro 11 de novembro e logo iremos por distintos lugares. Nesta primeira edición sairán a rúa 3.000 exemplares e o prólogo está escrito por Pepe Solla, pai. A verdade é que é todo un honor para min. Algún dos exemplares xa cruzou a fronteira e está en Portugal e outro vai camiño de Alemania.

O seu blog “La cocina de mi Abuelo” conta con máis de 3.000 visitas diarias. Ten en mente algún proxecto máis a curto prazo?
Agora quero disfrutar de “Mel en filloas”, pero si hai previsión de sacar outro libro de receitas e algún proxecto máis do que prefiro non falar. O blog continúa a recibir miles de visitas diarias, pero agora o libro e os traballos que me saen, réstanme tempo para actualizalo como me gustaría.

“Fixen unha recopilación de receitas antigas de doces de distintas zonas de Galicia”

Te puede interesar