O GROVE-O Concello chega a un “principio de acordo” para poñer un semáforo na Avenida Xoán XXIII

O GROVE-O Concello chega a un “principio de acordo” para poñer un semáforo na Avenida Xoán XXIII
Diario de Arousa-2016-05-17-014-ba8d1d81_1

O alcalde do Grove, José Cacabelos, e a concelleira de Obras, Ángeels Domínmguez, mantiveron onte unha reunión co delegado provincial da Xunta de Galicia, José Manuel Cores Tourís, para tratar distintas cuestións relativas a seguridade das estradas de titularidade autonómica que transcorren polo municipio. Dun xeito máis concreto abordouse a problemática no relativo a Avenida Xoán XXIII chegándose a un principio de acordo para poder instalar un semáforo con pulsador para que foran os peóns os que puideran activalo cando precisaran cruzar o vial. Tamén se consensuou a ubicación dun badén na Rúa Teniente Domínguez. 
Noutra orde de cousas reclamouse o asfaltado do carril pendente da rúa Luis Mestre, xa que un foi abordado pola empresa concesionaria deixando a rúa co firme desigual. Este traballo permitiría, ademais, que o Concello levase a cabo o cambio de tuberias desa estrada. Fíxose especial fincapé nas necesidades de limpeza da estrada entre a A Lanzada e San Vicente do Mar, zona que se atopa bastante descoidada de cara a tempada de verán.  Ademais destes asuntos, dende o Concello do Grove demandouse o desbloqueo dos permisos para poder rematar o acondicionamento da fachada portuaria no tramo que vai dende a Rúa Xacobe Barral e a Rúa da Patela. Trátase dun proxecto que se tiña realizado en anos anteriores pero que quedou pendente do permiso de Portos para poder continuar. Neste caso Cores Tourís emprazou ao Concello a reunirse cos responsables da entidade de Portos para abordar o tema. 
Un dos temas importantes na reunión xirou en torno ao convenio para os Grupos de Emerxencias do Grove. O alcalde lembrou que ademais da dotación municipal para poder cubrir o seu custe é necesario contar coa aportación da Deputación e da Xunta de Galicia.  No relativo ao ente provincial este xa formalizou o seu compromiso de aportar os fondos sempre e cando a Xunta de Galicia fixera o propio. “Cores Tourís indicou que existe un compromiso claro no relativo a este tema e que se financiará a parte correspondente para poder manter este servizo”, apunta Cacabelos. 

O GROVE-O Concello chega a un “principio de acordo” para poñer un semáforo na Avenida Xoán XXIII

Te puede interesar