A ILLA-Galeóns, danza e literatura a prol da cultura galega

A ILLA-Galeóns, danza e literatura a prol da cultura galega
Os grupos de música e danza tradicional puxeron a nota de cor á xornada de onte, “As Letras do Mar”,

O peirao de O Xufre en A Illa de Arousa foi onte escenario dos actos centrais de celebración do Día das Letras Galegas. O protagonismo recaeu na asociación cultura e deportiva Dorna, que un ano máis convertiu a explanada portuaria nunha festa a prol da cultura galega e tradicional. 
Deste xeito, e ante un nutrido grupo de persoas, procedeuse á inauguración da tempada da escola de navegación, coa presenza de galeóns rehabilitados, un dos grandes atractivos da xornada. 
Pero tamén houbo ocasión de contemplar o baile rexional, ao son dos grupos de gaiteiros e pandereteiras, así como de botar un ollo ás novidades literarias nos postos de venda de libros. 
O evento de onte tivo unha variación con respecto ao celebrado noutros anos. Dorna quixo recordar a Pilar Muñiz, quen fora a súa presidenta durante anos, falecida hai poucos meses e para a que onte houbo unha salva de aplausos especial de todos os presentes.
“As Letras do Mar”, título co que se bautizou o acontecemento no porto, despediu así a celebración anual do 17 de maio, pero o programa cultural que o Concello organiza por dita efeméride aínda terá máis percorrido. Este vindeiro venres, ás 21 horas, o auditorio da vila acollerá un concerto de Luís Emilio Batallán, con entradas anticipadas desde 8 euros, nos lugares de costume.  O sábado 21, á mesma hora e no mesmo escenario, será quenda de Tino Baz, no concerto con entrada gratis que porá fin ao ciclo cultural desde ano.

A ILLA-Galeóns, danza e literatura a prol da cultura galega

Te puede interesar