MEIS - Deteñen ao conductor do turismo no choque mortal por dar positivo en droga

MEIS - Deteñen ao conductor do turismo no choque mortal por dar positivo en droga
Copia de Diario de Arousa-2016-07-25-020-1df8053f

A Garda Civil detivo nas últimas horas ao condutor do turismo implicado no aparatoso accidente de tráfico acontecido no lugar de Vilanoviña (Meis), que na noite do sábado custaba a vida a un motorista veciño de Romai (Portas).
O condutor do coche, nado no ano 1968 e cuxo nome responde ás iniciais J.C.O.B. foi arrestado este domingo tras o sinistro, ao dar positivo no test de consumo de drogas practicado. A muller que ía de acompañante no vehículo de catro rodas resultou ferida e precisou do seu traslado a un centro asistencial.
O piloto da moto foi a vítima mortal. Trátase de José Antonio Abal, duns cincuenta anos de idade. O home fora presidente da asociación cultural Xosefina Figueroa ata hai un par de anos e era colaborador na comisión de Romai, que suspendeu a súa Festa do Viño tras ter coñecemento deste pasamento. 
Parece ser que o home saíra xustamente do campo da festa minutos antes do choque mortal. A nova chegaría minutos despois ao recinto, no medio da verbena, interrompéndose para dar conta do acontecido. A decisión final foi a de suspender o resto da velada musical, así como as das actividades do cartel, incluidas as previstas para este domingo.
O accidente tivo lugar na estrada xeral PO-531 Vilagarcía-Pontevedra, á altura da zona industrial de Vilanoviña, sobre as 23 horas do sábado. Segundo trascendeu, produciuse un choque entre a moto que pilotaba e o turismo implicado, saíndo o vehículo de dúas rodas despedido e colisionando, a maiores, co peche dunha propiedade na marxe da estrada.

retencións
No capítulo viario, as estradas de O Salnés viviron onte unha xornada complicada, con varios accidentes e importantes retencións, sobre todo, nas entradas e saídas ás praias. As maiores caravanas rexistráronse no acceso á A Illa pola ponte, na entrada cara Sanxenxo e na zona cara os peaxes da AP-9.

MEIS - Deteñen ao conductor do turismo no choque mortal por dar positivo en droga

Te puede interesar