A orixinalidade volve triunfar no entroido do Mosteiro

A orixinalidade volve triunfar no entroido do Mosteiro

O entroido entrou de cheo xa na comarca de O Salnés. Como cada ano, Meis volveu ser unha das vilas más madrugadoras en celebrar o seu día central, un dos máis grandes do entorno. O Mosteiro converteuse así na capital saliniense do disfraz, con traxes e propostas que volveron sorprender pola orixinalidade e nunha cita para toda a familia, na que puideron compartir tempo e espazo grandes e pequenos.

Os participantes concentráronse no Campo da Feira e, desde alí, foron en desfile ata o pavillón, donde o Concello meisino organizou una festa. Alí houbo música, actividades lúdicas e animación para todos, ademáis dos concursos de disfraces, con premios en diferentes modalidades.

Na Illa de Arousa arrincaron o venres coa noite de comadres e onte foi o turno da “reconciliación dos compadres”. Na primeira das veladas encheron o Tamanaco cunha cea de máis de 200 mulleres. Onte á noite a música estaba prevista co dúo “Ale y Álex”, en O Regueiro.

A nova programación, que este ano trae oito xornadas de festa grazas á colaboración da asociación Dorna e o Concello, traerá hoxe unha sesión vermú, ás 13 horas, con “Dani Barreiro and Friends”, en O Campo. Ás cinco da tarde, a comparsa “O Cano” será a encargada de ler o pregón, para a continuación desfrutar dunha tarde de “liborios”, “choqueiros” ou “entroidos”, que se solaparán á festa prevista no Regueiro coa “Duendeneta”.

O entroido continuará hoxe tamén en Cambados co seu desfile de carrozas (a partir das 17 horas) e tras unha festa infantil onte en Torrado, e tamén en Vilanova. Será en San Miguel de Deiro, na casa de cultura, nun acto promovido pola asociación “Amigos da Música”. A partir das catro e media da tarde haberá festa con disfraces, colchonetas, música e alguna que outra sorpresa. Non faltarán os produtos comestibles típicos. En Baión seguirá tamén a festa, cun baile de entroido promovido pola asociación cultural “O Castro”, no pavillón de deportes, dende as 19:30 horas.

A orixinalidade volve triunfar no entroido do Mosteiro

Te puede interesar