A praza de abastos do Grove traballa para optar ao selo de Mercados Excelentes de Galicia

A praza de abastos do Grove  traballa para optar ao selo de Mercados Excelentes de Galicia
A praza de abastos do Grove busca conseguir o selo de mercado excelente | d.a.

A praza de abastos do Grove traballará para conseguir o selo de Mercados Excelentes de Galicia.
Membros do goberno reuníronse con concesionarios do mercado co fin afrontar melloras tanto no edificio como na xestión do mercado. Na reunión debateuse sobre as medidas que deberían aplicarse para poder acadar o “Selo de Mercados Excelentes de Galicia” que distingue os mercados como principal punto de nas cidades e pobos da comunidade autónoma pola súa diferenciación e identificación coa calidade e o prestixio e que outorga a Xunta de Galicia.

O plan de mercados excelentes da Xunta ten o seu horizonte no 2020, e recolle unha guía de boas prácticas adaptada aos distintos tipos de mercados, pero buscando en todos os casos a calidade en aspectos como instalacións, accesibilidade, organización, xestión e servizo á clientela de cada un deles.

A Consellería de Industria busca co selo de mercado excelente potenciar nas prazas unha diferenciación e identificación coa calidade e o prestixio, así como a potenciación da súa actividade comercial e o incremento do seu atractivo. Deste xeito, e como ven sendo habitual no sistema de traballo establecido entre o Concello do Grove e as praceiras, debateuse sobre aquelas medidas que se consideraban prioritarias á hora de solicitar axudas ou subvencións doutras entidades para este espazo.

Tamén se abordaron problemas de xestión diaria e informouse sobre a concesión dos espazos de emprendemento así como dos locais e bancadas dispoñibles que serán postos á subasta nas vindeiras semanas. Neste punto indicouse que a Praza conta xa, logo das medidas aplicadas nos últimos anos, cun 84% de ocupación polo que será preciso continuar coas actividades de dinamización para facer rendible a existencia de máis postos.

A praza de abastos do Grove traballa para optar ao selo de Mercados Excelentes de Galicia

Te puede interesar