A praza chega ao Parlamento coa acusación ao PP de “partidismo”

A praza chega ao Parlamento coa acusación ao PP de “partidismo”
Unha vista do actual edificio de abastos en Cambados | d.a.

As acusacións da esquerda contra o suposto ninguneo do PP na Xunta a Cambados tivo onte un novo capítulo no Parlamento de Galicia. Foi no transcurso da Comisión 2ª, que inclúe asuntos de Obras, con motivo da eterna dilación da remodelación da praza de abastos da vila.
O BNG presentou e defendeu unha proposición non de lei sobre presuntas “irregularidades” no convenio que, a finais de 2014, firmaban tres administracións entón populares para esta obra: Consellería de Industria, Ministerio de Fomento e Concello, contando tamén co respaldo da Deputación, entón aínda presidida por Louzán.

Tanto o BNG como o PSOE, que apoiou o texto, reprocharon que naquel entón a obra anunciárase xa como cousa feita, prometendo o inicio dos traballos en 2015 cando, a día de hoxe, non se fixo traballo algún e o proxecto enfróntase aínda a unha longa tramitación por diante.
“Sorpresa”

Afirman os nacionalistas que o novo goberno a catro se atopou en xuño de 2015 coa “sorpresa” de que, para realizar esta obra, antes sería preciso a aprobación do novo Plan Especial de Portos. O seu borrador, porén, non foi entregado no Concello ata marzo deste 2017, obligando ao ente local, ademais, a introducir importantes modificacións no proxecto popular: Eliminar unha planta, reducir a altura máxima, conservar a fachada, modificar o retranqueo e un longo etcétera.

Para máis, hai que agardar agora a una avaliación ambiental pola Xunta, trámite que, segundo a esquerda, non baixaría a menos de cinco meses de agarda, cousas todas que levan a pensar “que vai ser case imposible iniciar esta obra antes de 2018”. Por iso, o PSOE declaraba que “constata o uso partidista dos organismos públicos por parte do PP”, censurando que o Concello teña que asumir o custe da profunda modificación obrigada no proxecto popular.

O PP deféndese
O grupo popular defendeu o seu “compromiso” coa remodelación da praza, acusando ao Concello de dilatar os prazos. Sinalan que “na actualidade son dúas as xestións pendentes”, unha conceción por parte do Concello e o dito Plan portuario, “documento que está a disposición do Concello desde comezos de ano”. Os conservadores din que a concesión “pode se tramitada en paralelo ao Plan Especial”, polo que afirman que é Portos o que reclama ao Concello a documentación para seguir. A proposta do BNG para "axilizar" a xestión da Xunta rexeitouse co voto do PP.

A praza chega ao Parlamento coa acusación ao PP de “partidismo”

Te puede interesar