“Para o PSOE é básico acabar co clientelismo instalado no Concello”

“Para o PSOE é básico acabar co clientelismo instalado no Concello”
Diario de Arousa-2015-04-19-017-c90a75b6

El PSOE ha sido el primer partido de Sanxenxo en presentar su candidatura completa para las elecciones de mayo. Encabezada por Coral González-Haba, el resto de la lista está conformada por caras nuevas en la política y en la mayor parte de los casos con excasa experiencia política. De ello es responsable José Buezas, número 2 de la candidatura y secretario general de la formación local.

‑¿Se siente satisfecho de la lista con la que se presentarán a las elecciones?
Moi orgulloso. Queríamos que fose unha persoa descoñecida, unha ciudadana máis, que poida aportar frescura á política local.

-¿Pensa que a candidatura agradará ao electorado socialista?
Xa se verá en maio. Eu o que podo decir é que un dos motivos polos que me gustaría mellorar os resultados do PSOE é precisamente para que algúns dos candidatos teñan a oportunidade de demostrar a súa valía. Son persoas moi preparada e cun claro sentido de servicio á sociedade. Todos eles puxeronse ao servicio do partido e fixeron o traballo que se lles encargou en cada momento. É unha lista de equipo, que é como queremos traballar no PSOE.

-¿Asume logo a elaboración desta candidatura de xeito persoal?
Totalmente. A lista, o proxecto e tamén o resultado. E tomarei as decisións que correspondan en función do resultado que academos en maio.

-¿Que lle pode aportar o PSOE a Sanxenxo?
En primeiro lugar humanización. Hai que optimizar mellor os recursos do propio municipio para facer unha mellora de imaxe.
O medio ambiente vai ser un dos nosos cabalos de batalla. Pensamos que Sanxenxo pode aproveitar moi mellor os recursos que lle quedan, por iso nós poremos o acento naquelas zonas que se salvaron da urbanización atroz. A recuperación da ría de Arousa, eliminando os verquidos, e a posta en valor do complexo intermareal serán dúas das actuacións prioritarias. Dende A Revolta ata A Fianteira, Sanxenxo ten moito que decir neste complexo. Pero polo de agora parece que non lle interesa a ninguén.

-O emprego segue a ser unha das principais preocupacións dos cidadáns. ¿Que suxerencias ten o PSOE ao respecto?

Apostaremos pola formación que é unha das grandes carencias. E no que se refire a creación de emprego penso que a administración local pode tamén facer moito, ofrecendo ás empresas unhas garantías e uns servicios que agora non teñen. Este Goberno non se preocupou en absoluto por este tema, e un exemplo delo pode ser o desinterés mostrado polo parque empresarial.

-Presentarán algún proxecto estrela no seu programa?
Non. Non é momento de facer castillos no aire. O importante para nós é por os medios para resolver os problemas cotidianos que afectan aos veciños e optimizar os recursos para conseguir mellores resultados. Neste senso pediría aos cidadáns que facilitasen unha alternancia, que é sinónimo de democracia.

-¿Cal é o principal problema de Sanxenxo?
O divorcio entre o Concello e os cidadáns. Ainda que pareza unha cousa menor eso tradúcese en cuestións como que hai persoas que poden abrir negocios sen licencia de primera ocupación e outros con todos os permisos teñen problemas para empezar a traballar. Hai sentenzas xudiciais paralizando licencias de negocios que siguen abertos mentras outros abren sen licencia. Neste tema inflúe moito si os intereses dos que piden unha licencia conflúen cos de quenes están mandando.

-Parece que o departamento de Urbanismo é o que peor funciona do Concello...
É o que peor fama ten. Non está a altura do que merece nin do que é este municipio. O Concello leva moito tempo ao servicio do Partido Popular, co respaldo de máis de un funcionario. Alí hai metido un clientelismo co que hai que acabar.
-¿Todo o demáis funciona ben?
Aquí nada vai ben. Os veciños soportan unha forte presión fiscal que os veciños non palpan. No ano 2014 cobráronse 5,5 millóns de euros en impostos directos e a repercusión nos cidadáns non chega aos 200.000 euros.
A basura é un servicio que aquí tiña que ser rentable e en cambio é deficitario, por exemplo.
Nos entendemos que o recibo do lixo, algúns meses do ano, non debería de pasarse ao cobro aos negocios, para contribuir a que abran todos os meses do ano. Aquí básicamente o que faltan son iniciativas, porque este Goberno está inmerso noutro tipo de cuestións e hai tempo que deixou de interesarse polos problemas reais dos cidadáns.

-E a nivel turístico?
O sol fixo que hubera boa ocupación durante a Semana Santa, pero si chega a chover esto estaría morto. Non hai alternativas. Pero eso pasa en máis sectores. Por exemplo, en Educación xa vimos a forza que fixeron por facer o colexio do Revel ou mellorar o de Dorrón.
Aquí non se foi capaz de arreglar nin a calle Progreso, nin a PO 308, nin o enlace do polígono con Vilalonga, nin de arranxar os polígonos, etc. Agora que veñen as eleccións aparecerán catro máquinas por aí e moitos anuncios e promesas. Os cidadáns teñense que dar conta deso. Eso non é xeito de funcionar.

-Estes últimos foron anos de crise, sen cartos nas administracións para invertir...
Pero noutros municipios si que se fixeron cousas. A crisis afectou sobre todo ás familias, que tiveron que salir para adiante igual; e os ciudadanos tiveron que seguir pagando e enriba subironselle os impostos.
Habería moita crise, pero eles mantiveron os seus salarios intactos os catro anos. Poucos traballadores tiveron esa suerte nestes tempos.
A Sanxenxo non lle foi ben. Faltou un modelo de crecimento. As zonas rurais están abandonadas pero o centro urbano igual. Salvo dúas calles, a Castelao a Cabanillas a rúa de Ourense poden ser exemplo da xestión dos últimos anos.
Hai outras formas de gobernar e nós presentamos moitas propostas nestes anos, que non foron tidas en conta.

“Para o PSOE é básico acabar co clientelismo instalado no Concello”

Te puede interesar