Reportaxe | “Empendemar” e “Lonxanatur” arrasan nos premios Economía Azul

Reportaxe | “Empendemar” e “Lonxanatur” arrasan nos premios Economía Azul
A lonxa do Grove reconvértese, con “Lonxanatur”, nun punto turístico imprescindible |

A Ría de Arousa case fai o “pleno ao catro” nos premios Economía Azul que foron entregados onte pola tarde na Cidade da Cultura de Santiago. E é que os proxectos presentados no marco dos GALP de Arousa fixéronse co galardón en tres das catro categorías do certame que busca recoñecer as mellores iniciativas sustentables nas zonas costeiras galegas. Tres eidos diferenciados e tres medallas de ouro que deixan moi alto o pavillón en defensa da sustentabilidade nas rías en Arousa.
Na categoría de “Apoio á pesca costeira artesanal” os milleiros de votos cidadáns que se contabilizaron a través da web www.galp.xunta.gal recoñeceron a acción conxunta dos GALP de Arousa, Pontevedra e Vigo co proxecto de “Mellora da Goberannza da Xestión Pesqueira Artesanal no ámbito do Parque Nacional Illas Atlánticas”. A iniciativa está promovida polas confrarías de O Grove, Portonovo, Aguiño, Bueu e Cangas e aposta polo mantemento dos empregos na pesca tradicional e artesanal, favorecendo o relevo xeracional.
O emprego é, pola súa banda, o eixo sobre o que xira o proxecto galardoado na súa categoría de “Empendemar”, promovido conxuntamente polo Concello e pola Confraría de Cambados co obxectivo de promover a diversificación da economía pesqueira apoiando a profesionalización e o desenvolvemento de iniciativas de autoemprego neste eido e dirixíndose sobre todo á poboación xuvenil e ao colectivo feminino.


Máis apostas
Pola súa banda o “Mellor proxecto de diversificación” foi parar a O Grove con “Lonxanatur”, promovido dende a Confraría de Pescadores e coa mirada posta na diversificación cara o turismo e a psta en valor dos produtos pesqueiros aproveitando a gran cantidade de turistas na localidade que visitan a lonxa meca. Un lugar que serve de escaparate para os mellores produtos do mar arousán.
Durante o acto de entrega dos galardóns a conselleira do Mar agradeceu o labor dos grupos que desenvolven este tipo de proxectos de dinamización das zonas costeiras e felicitou aos gañadores polo seu recoñecemento. En relación aos traballos dos GALP Rosa Quintana lembrou que “no que vai de período de 2016-2017 temos un total de 210 proxectos aprobados, que supuxeron máis de 13,4 millóns de euros apoio público e que mobilizaron máis de 17,2 millóns de euros de investimento total nas diferentes iniciativas”.

Reportaxe | “Empendemar” e “Lonxanatur” arrasan nos premios Economía Azul

Te puede interesar