Reportaxe | Sanxenxo e O Grove homenaxean a Carlos Casares no Día das Letras Galegas

Reportaxe | Sanxenxo e O Grove homenaxean a Carlos Casares no Día das Letras Galegas

Sanxenxo e O Grove rendiron onte unha sentida homenaxe a Carlos Casares coas lecturas dos seus textos na Praza Pascual Veiga e na Praza de Arriba.
Na actividade participaron veciños e membros do goberno e da Corporación.


A xornada deu comezo en Sanxenxo da man de Andarela e o “Espertar en galego”, unha iniciativa que permitiu que todo o municipio amanecese con frases e palabras propias da lingua galega e pouco utilizadas habitualmente. Trátase de dar a coñecer a riqueza semántica da lingua galega e compartir xiros lingüísticos propios do noso idioa.

E xa ao mediodía, baixo o título xenérico de “Casares e Cantares”, deu comezo unha lectura pública de textos do escritor a quen este ano se adicaron as Letras Galegas. O alcalde de Sanxenxo, Gonzalo Pita, foi o encargado de abrir o turno de lectura e a concelleira de Cultura, Sandra Fernández Agraso, foi a encargada de presentar estes actos matinais. O grupo Onte e Hoxe puxo a banda sonora desta actividade con música e letras en galego. A actividade continuou coa entrega de premios do certame literario Picariños organizado polo Círculo Cultural de Sanxenxo.


A Banda de Música de Sanxenxo puxo o broche de ouro á programación matinal coa interpretación do Himno Galego.

Xa pola tarde,tivo lugar o Festival Letras Galegas de Noalla, nas Canteiras, organizado polo Coro Parroquial de Noalla e na Praza Pública de Vilalonga, tivo lugar o Serán das Letras Os Cruceiros.

No Grove, a xornada deu comenzo coa Feira do libro e a sinatura de exemplares do “Floreano” a cargo de Gogue e coa exposición “Carlos Casares Mouriño, o coleccionista de historias”.


A obra elexida para a lectura pública foi neste caso ·50 anos de vento ferido” no que participou o alcalde José Cacabelos e varios membros da Corporación municipal. A animación correu a cargo de Paradanda Mecos.

Reportaxe | Sanxenxo e O Grove homenaxean a Carlos Casares no Día das Letras Galegas

Te puede interesar