O Salnés dos anos 40 na gran pantalla

O Salnés dos anos 40 na gran pantalla
Diario de Arousa-2015-10-04-012-2f898d8d_1

A emigración, os amores prohibidos, o drama, os intereses familiares e moita, moita sorna ben poderían ser os ingredientes de calquera historia da vida no Salnés dos anos 40, pero son os compoñentes principais da película O Fillo de Manuel, “e calquera parecido cun caso real é pura coincidencia”, avisa o seu director e productor, o cambadés José Rodríguez Carro. Onte presentou a cinta xunto a algúns dos actores desta “experiencia maravillosa”, como a calificaba Milagros Pintos, a protagonista feminina. Ela e máis José Manuel Lareu dan vida a unha parella que se quere casar, pero atópase con tantos impedimentos que a súa soñada voda corre serio perigo. Son parte do grupo de teatro Alecrín de Ribadumia, ao igual que o resto de intérpretes do filme, que, sumando os extras, contou coa implicación de 30 persoas e comezou a grabarse hai dous anos en escenarios como A Ruta da Pedra e da Auga ou nas igrexas de San Lorenzo de Meis e de Leiro porque, vodas hai, pero ata a estrea non se saberá se esta parella tivo un final feliz. 
É una produción modesta, feita sen os artificios do celuloide “hollywoodense”, de feito, cada un correu cos seus gastos de transporte, vestimenta, etc. e “aquí ninguén pelexa polo papel protagonista”, contaban onte, pero con moita profesionalidade. Para empezar, Rodríguez é un profesional da imaxe e “como director teño que dicir que a interpretación foi excepcional, tendo en conta a experiencia do teatro”,  porque hai moita. Por exemplo, Milagros é das máis veteranas, leva 20 anos subindo aos escenarios locais, e todo porque un día, as súas primas decidiron apuntala a un curso do Concello. Non obstante, non foi fácil. “É moi diferente ao teatro, tes que rebaixar esa especie de sobreactuación que precisa e ademais, a primeira vez mirabamos á cámara, como cando miras ao público”, explicou a actriz. 
Ademais os planos cortos presentan moita dificultade e hai escenas dramáticas nas que se cumpre o mito: “Non me vía capaz de chorar sen máis e pensei cando meu fillo tivo un accidente moi grave, pero me asombrei a min mesma cand o conseguilo”. 
Rosa María Solla, que fai o papel dunha prima un tanto entremetida e tamén de “script”, comentaba ademais que foi unha experiencia “integradora porque os actores máis maiores teñen máis de 80 anos”. De feito, a Lareu sorprendeulle a súa naturalidade fronte a cámara, porque “revivían a súa vida e incluso dábannos consellos”, apuntou o director. 
A experiencia resulto moi gratificante para todo o equipo e así o manifestaban onte, pero serviu ademais para “coñecer un pouco máis aos compañeiros”, segundo o protagonista e presidente de Arlequín.  
Están ledos co resultado, aínda que “cando me vin na pantalla, deume algo de vergoña”, confesou Pintos. Agora esperan que lle guste ao público. 
A estrea terá lugar o 18 en Ribadumia e en novembro proxectarase en Cambados (7), en Meis (15) e en Meaño (22). Esperan recorrer outros concellos e tamén queren presentala a festivais de cine, “aínda que agora hai moito de curtametraxes”, laiábase o director.
A cinta ten unha duración dunha hora e 16 minutos e, ao igual que o cine, naceu da maxia do teatro porque é unha adaptación dunha obra de Alecrín que Rodríguez Carro acabou convertendo nunha historia nova.  

O Salnés dos anos 40 na gran pantalla

Te puede interesar