SANXENXO-SOS Panadeira recauda 215 euros para Ecuador no mercado solidario

SANXENXO-SOS Panadeira recauda 215 euros  para Ecuador no mercado solidario
Diario de Arousa-2016-05-17-013-ba6c29b3_1

O mercado solidario na Praza dos Barcos volveu a dar unha garta sorpresa aos seus organizadores, SOS Panadeira. A cita engadía nesta ocasión unha causa especial, a axuda a Ecuador. O país latinoameriacano que hai case un mes sufriu un terremoto de magnitude de 7,8 na escala Richter recúperase lentamente dos desperfectos materiais e vive con resignación o incremento na cifra de mortos. 
Neste escenario, SOS Panadeira directamente dende Sanxenxo e coa axuda de todas aquelas personas que colaboraron no mercado farán chegar ao paía latinoamericano 215 euros, un gran de area de gran importancia. Non é a primeira axuda desde colectivo a Ecuador. Hai uns días fixo chegar 1.000 dólares a unha familia para axudarlle na reconstrucción da súa casa totalmente destruida polo seísmo. “Hemos podido dar aliento, poca cosa a una pareja que tras luchar toda la vida, ya mayores, el terremoto les arrebató su casa, sus recuerdos y su lugar común”, así o contaba o colectivo no seu perfil de Facebook. A resposta da familia en forma de carta non se fixo esperar. O colectivo continuará axudando no que poida a Ecuador. Alí contan cunha observadora de excepción, Guadalupe Gómez.

SANXENXO-SOS Panadeira recauda 215 euros para Ecuador no mercado solidario

Te puede interesar