• Martes, 21 de Noviembre de 2017

Un total de 73 persoas aspiran a ser auxiliar de policía este verán

O Concello de Sanxenxo realizará mañá a selección dos 24 auxiliares da Policía Local cos que pretende reforzar o persoal deste Corpo de Seguridade durante a campaña estival

Un total de 73 persoas aspiran a ser auxiliar de policía este verán
Un total de  24 auxiliares reforzarán a vixilancia en Sanxenxo este verán | d.a.
Un total de 24 auxiliares reforzarán a vixilancia en Sanxenxo este verán | d.a.

O Concello de Sanxenxo realizará mañá a selección dos 24 auxiliares da Policía Local cos que pretende reforzar o persoal deste Corpo de Seguridade durante a campaña estival, momento no que a poboación se multiplica de forma considerable dado o carácter turístico do municipio. Son un total de 73 as persoas que aspiran a cubrir unha dos postos ofertados, para o que deberán superar un procedemento que se efectuará mediante o sistema de oposición.

Así, o Pavillón de Baltar acollerá a partir das 8:30 horas as probas de actitude física que comezarán cun control de estatura dos candidatos que, como mínimo será de 1,65 metros para os homes e 1,60 para as mulleres. Os admitidos deberán superar tamén outros exames como o de salto vertical e unha carreira de 1.000 metros lisos, cos que o tribunal busca medir a potencia do tren inferior e a resistencia xeral dos concorrentes.
Os aspirantes que superen esta proba deberán pasar a segunda parte desta convocatoria, que terá lugar o venres 19 no Pazo Emilia Pardo Bazán. Os candidatos terán que responder un test para a avaliación dos coñecementos sobre os contidos do temario incluído nas bases da convocatoria, así como asistir a unha entrevista persoal na que serán preguntados sobre distintos aspectos do termo municipal e a toponimia local. A Administración local formalizará 24 contratos de duración determinada a xornada completa de luns a domingo.