O xacemento da Lanzada préparase para a súa futura musealización

O xacemento da Lanzada préparase  para a súa futura musealización
Vista aérea do xacemento da Lanzada | d.a.

As tarefas de mantemento do xacemento da Lanzada deron comenzo onte co equipo de arqueoloxía da Deputación de Pontevedra. Dezasete persoas, entre persoal de arqueoloxía, restauración e auxiliares, traballarán entorno a catro meses nunha intervención no xacemento para consolidar as numerosas estruturas localizadas durante a fase de escavación arqueolóxica desenvolvida durante o segundo semestre do ano 2016 e xaneiro de 2017.

Estes traballos, que se prolongarán durante catro meses, realizaranse nos 970 metros cadrados da escavación e son previos ao inicio da parte de consolidación, musealización e posta en valor dos castros da provincia mediante o convenio que A Deputación mantén co Ministerio de Fomento. Máis polo miúdo, realizaranse labores de limpeza, tapado, realización de drenaxes, restitucións e recreacións para facilitar a comprensión deste xacemento no que se rexistraron ata cinco niveis de ocupación e que converten á Lanzada nun centro arqueolóxico de grande complexidade.

Unha das actuacións máis ambiciosas que se realizarán consiste na recreación da factoría de salgado. Esta factoría supuxo un dos grandes achados do xacemento xa que estamos a falar da primeira da súa categoría no noroeste peninsular. Ademais, trátase dunha factoría de orixe prerromana, cando ata o momento este tipo de instalacións eran de orixe romana, con 29 piletas para salgar o peixe e conservar alimentos, unha cifra moi superior ás achadas noutras factorías que contaban, de media, con entre 8 e 10 depósitos.

Unha vez que se conclúan as labores que se iniciaron onte, a preservación da zona escavada quedará garantida, permitindo o seu goce como produto patrimonial e turístico por parte dos visitantes, e facendo da Lanzada un xacemento de referencia no ámbito provincial, rexional e nacional.


Dende o pasado verán e ata o mes de xaneiro de 2017 a Deputación de Pontevedra realizou unha intervención arqueolóxica na Lanzada que sacou á luz ata 17 esqueletos, 14 de nenos datados entre os século IDC e IIDC, e máis de 15.000 pezas, entre as que destaca o gran volume de “terra sigillata” (cerámica de luxo romana) e 358 metais entre os que destaca unha espada de 33 centímetros pertencente aos séculos VIII e/ou IV AC.

O xacemento da Lanzada préparase para a súa futura musealización

Te puede interesar