PONTECESURES - AGE pide que se suavicen as normas de venda de lamprea para non perxudicar aos valeiros

PONTECESURES - AGE pide que se suavicen as normas de venda de lamprea para non perxudicar aos valeiros
Valeiros de Pontecesures faenando en el r�o Ulla en la campa�a de pesca de la lamprea

A nova normativa de venda de lamprea, que prohíbe a comercialización directa deste peixe sen pasar previamente pola lonxa ou por un punto de venda autorizado, foi debatida onte na Comisión de Pesca do Parlamento autonómico a raíz dunha pregunta de Alternativa Galega de Esquerda (AGE). 
O deputado Juan Fajardo advertiu ao secretario xeral do Mar, Juan Maneiro, dos perxuízos que estas normas suporán para os valeiros, “afeitos a unhas peculiaridades e mercado alleos ao que se pretende regular”. A preocupación é grande no sector, e así o transmitiron os propios pescadores cesureños, que sopesan incluso deixar de capturar lamprea o vindeiro ano, xa que estiman que  a actividade non lles será rendible. Así o puxo de manifesto Fajardo na súa intepelación na comisión parlamentaria, acusando á Consellería do Mar de “tratar de favorecer unha vez mais ao sector dos intermediarios” e de moverse por “un afán recadatorio esquecendo as peculiaridades da venda” da lamprea, que “en moitos casos redúcese a unha ou dúas unidades por cliente”, un sistema que “se faría imposible mediante o modelo plantexado” polo goberno galego.
O parlamentario de AGE pideu a Maneiro que entable “unha negociación cos afectados” para “suavizar algúns dos requisitos” da citada normativa, que obriga tamén a crear e rexistrar centros de recollida para manter vivas as lampreas unha vez capturadas. Ademais, insta á Consellería a habilitar en Pontecesures un punto de venda autorizado.

"descontrol"
Juan Maneiro replicou que as novas normas buscan “poñer fin a unha situación de claro descontrol” no relativo ao desembarco, transporte e primeira venda desta especie, de xeito que se poña “en igualdade de condicións a pesqueira da lamprea co resto da actividade dos profesionais da pesca en canto á comercialización dos seus produtos”. O secretario xeral do Mar apelou ás “vantaxes” desta regulación, tales como “a posibilidade de promoción do produto, a defensa da orixe no etiquetado” ou “a posibilidade de iniciar procesos de rexistro de marcas de calidade diferenciadas para evitar a competencia desleal foránea”. n

PONTECESURES - AGE pide que se suavicen as normas de venda de lamprea para non perxudicar aos valeiros

Te puede interesar