Reportaxe: A Feira Tradicional rememora os labores agrícolas na Carballeira de Caldas

Reportaxe: A Feira Tradicional rememora os labores agrícolas na Carballeira de Caldas
Diario de Arousa-2017-08-14-020-dc7d5095

Cada ano que pasa vai a máis e a Feira Tradicional xa é un dos activos máis importantes no programa de actividades das festas na honra de San Roque en Caldas de Reis. A Carballeira serviu de punto de encontro para todos aqueles veciños e colectivos que pretenden poñer en valor os labores agrícolas e as tradicións de principios do século XX no municipio.
O programa de actividades comezou cunha ruta de cabalos e carruaxes con saída desde a Carballeira e que chamou a atención e a curiosidade de veciños e visitantes.
As altas temperaturas non impediron que foran moitos os que aproveitaran a xornada para pasar un día agradable á sombra dos carballos e cun sinfín de actividades que facer como ollar o pasarrúas de xigantes, con música en directo de gaitas e tambores acomañado de zancudo e xigante cabezudo, a cargo da compañía Santipunqui.
A medida que avanzaba a mañá e os diferentes postos xa estaban acondicionados para a ocasión tivo lugar a actuación das pandereteiras da Asociación de Mulleres Rurais A Carballeira, que deu paso á degustación gratuíta de carne de caza na carpa de madeira instalada no centro do xardín.
Ao mesmo tempo, a Asociación de Palilleiras de Caldas facía unha demostración do seu labor mentres se producía unha actuación da agrupación folclórica As Burgas e do grupo de pandereteiras da Asociación de Xubilados e Pensionistas Caldenses.
Xantar na Carballeira 
Tamén houbo un xantar na Carballeira cun menú oficial a base de ovos con pan de millo, churrasco con patacas fritas, roscón e bebida polo prezo de 12 euros. Todo elo, amenizado polo grupo de gaitas e pandereteiras Patacóns e Unto. A sobremesa estivo protagonizada por un pasarrúas con músicos e personaxes para dar paso despois á actuación da Asociación de Xubilados e Pensionistas Caldenses.
A comisión organizadora tamén pensou nos máis pequenos, que tiveron a oportunidade de divertirse aínda maís se cabe coa animación dos personaxes de tatro “Las amas de cría”, a cargo da compañía Saltipunqui.
Un dos pratos fortes da xornada foi o concerto de Ardentía, que congregou a numerosas persoas na Carballeira para disfrutar dunha actuación de calidade coa que rematou o principal da festa.
O recinto acolleu tamén unha serie de actividades paralelas como unha exposición de flora galega e unha degustación de receitas feitas por X. Braulio Mondragón con herbas silvestres.l

Reportaxe: A Feira Tradicional rememora os labores agrícolas na Carballeira de Caldas

Te puede interesar