Adxudican as obras da reparación da cuberta do colexio de Carril con 50.000 euros

O delegado territorial anunciou durante a visita a adxudicación das obras de reparación da cuberta do CEIP Rosalía de Castro de Carril a Cubiertas de Pizarra Galicia SLU por un importe de case 50.000 euros, aos cales o concello engadirá outros 25.000 para a mellora das instalacións deste centro. Unhas obras que poderían rematar a finais de agosto para que o centro estea operativo ao comezo de curso.  “Arreglarase o 75% da cuberta priorizando as zonas que estean peor”. Por outra banda, a concelleira de Educación comentou que “se están a realizar neste momento tarefas de mantemento en catro colexios”, e engadiu que ademais, “se van a investir preto de 200.000 euros noutras melloras como son a parte da cuberta do CEIP Rosalía de Castro de Carril, varios peches perimetrais como é o caso do CEIP Arealonga, limpeza de tellados e de caños de varios centros. Por último, Cores Tourís destacou a importancia da colaboración entre Xunta e Concello para a mellora dos centros educativos. “Seguiremos traballando para que os centros de Vilagarcía se manteñan nas mellores condicións”, rematou. n l.f.

Adxudican as obras da reparación da cuberta do colexio de Carril con 50.000 euros

Te puede interesar