O álbum do vilagarcián Juan Carballo, semifinalista en varias categorías dos Premios MIN

O álbum do vilagarcián Juan Carballo, semifinalista en varias categorías dos Premios MIN
Juan Carballo é un artista polifacético de Vilagarcía | facebook

Os Premios MIN levan nada máis e nada menos que unha década distinguindo aos mellores álbumes da música independente a nivel estatal, incluso aqueles interpretados nas linguas cooficiais como son o galego e o castelán. Este ano, na súa décima edición, o nome dun artista vilagarcián ten un oco entre os seminifinalistas dun galardón en cuxo listado se atopan referentes musicais como La Bienquerida, Peret, Xoel López ou Los Planetas. Ese vilagarcián é Juan Carballo, un apaixoado da música e da poesía, que logrou que o álbum “Asuntos Pendentes”, que asina xunto a Manolo Talarcón, sexa semifinalista en tres categorías deste certame.
Así pois “Asuntos pendentes” é semifinalista na categoría de “Mellor álbum en galego” e tamén na de “Mellor álbum de músicas do mundo”. Estas dúas poden ser votadas polo público na web do certame www.premiosmin.com e os finalistas serán dados a coñecer o vindeiro 1 de marzo. Por outra banda o álbum “Asuntos pendentes” tamén aspira a outro galardón, o de “Mellor deseño gráfico”. Un deseño de portada elaborado por Nuria Díaz que deberá contar co beneplácito expreso do xurado profesional para poder facerse co premio nesta categoría. Aínda hai tempo a votar para que Juan Carballo teña opcións de premio nos MIN 2018.

O álbum do vilagarcián Juan Carballo, semifinalista en varias categorías dos Premios MIN

Te puede interesar