Os arousáns “Leda Atómica” e “Cantro Crú” aspiran a ser o grupo emerxente en Revenidas

Os arousáns “Leda Atómica” e “Cantro Crú” aspiran a ser o grupo emerxente en Revenidas
Copia de Diario de Arousa-2016-05-22-004-d4185622

Os grupos arousáns “Leda Atómica” e “Cantro Crú” aspiran a convertirse nos gañadores da terceira edición do Concurso Revenidas de Música Emerxente. Os primeiros son de Cambados e os segundos de Vilagarcía e, de facerse co primeiro premio, poderán actuar en directo no escenario de Vilaxoán durante o festival que terá lugar os días 19, 20 e 21 de agosto.
Tal e como sinalan dende a organización son un total de 17 as bandas que este ano aspiran a facerse co galardón dun certame que busca distinguir a aqueles que fan música en galego. “É a edición con máis talento e con maior dificultade para escoller gañadores”, sinalan dende Revenidas.
A resolución do concurso terá lugar o vindeiro sábado día 28 na sala Malatesta de Santiago coa actuación das catro bandas finalistas. Rap, ska, pop, funk e folk son algúns dos estilos musicais que nesta terceira edición se presentan ao certame de Emerxentes.
Todos aqueles que o desexen poden participar como xurado a través da páxina do Facebook de Revenidas. Entre os participantes haberá regalos de entradas e camisolas de Revenidas 2016.
De momento a organización non adiantou nada respecto do cartel que poderá verse nos dous escenarios do festival na súa edición de 2016, aínda que xa teñen sinalado que conxugará á perfección os estilos característicos deste certame.
Revenidas é o único festival que, a día de hoxe, segue a celebrarse en Vilagarcía despois da marcha do Festival do Norte. Aparte é o único da contorna no que se aposta pola música en galego e de grupos que teñen unha traxectoria cantando nesta lingua. Aparte dos concertos Revenidas ofrece ano tras ano actividades gratuítas, mercado artesanal e tamén acampada libre para todos aqueles que se achegan a Vilaxoán.

Os arousáns “Leda Atómica” e “Cantro Crú” aspiran a ser o grupo emerxente en Revenidas

Te puede interesar