• Jueves, 23 de Noviembre de 2017

O bipartito de Cuntis rexeita a campaña da Xunta polo 25-N

O goberno bipartito do PSOE e do BNG de Cuntis rexeita publicamente a campaña anunciada dende a Xunta de Galicia con motivo da conmemoración do 25-N, Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

Dende o goberno municipal de Cuntis consideran que se trata dunha campaña “que reproduce estereotipos machistas, unha campaña paternalista que cousifica ás mulleres e que atenta contra a súa dignidade”. Así mesmo o executivo dos socialistas e dos nacionalistas inciden en que dende o goberno se solicita á Xunta de Galicia a “retirada inmediata” da campaña. Ao mesmo tempo anuncian que, en ningún caso, participarán na campaña de difusión da mesma, tal e como ten acontecido en anos anteriores. “Non difundiremos ningún tipo de material relacionado con esta campaña e centrarémonos na campaña a levar a cabo no noso Concello”, inciden. Son varias as asociacións feministas que comparten esta postura.