“La Bolsa” rende homenaxe á lingua propia cunha noite enteira de música en galego

“La Bolsa” rende homenaxe á lingua propia cunha noite enteira de música en galego
A exposición sobre a vida e obra de Carlos Casares abreu onte na Biblioteca Municipal| gonzalo salgado

Co gallo da celebración das Letras Galegas 2017 o establecemento hosteleiro “La Bolsa” decidiu aportar o seu pequeno gran de area na difusión da lingua propia. E por iso que hoxe, a partir das once e media da noite, celebrarase neste local da rúa Méndez Núñez a “Noite das Músicas Galegas”. A idea consiste en que a partir dese horario só soarán no local temas con letra en galego. “Xa non falamos sequera de temas de grupos galegos, senón de cancións cantadas na nosa lingua”, sinalan os promotores desta iniciativa.

Será na cabina de Duendeneta Dillei donde se realizará a selección musical da noite. “A idea é reflectir toda esa excitante efervescencia musical que agora mesmo se está a vivir en Galicia e demostrar que a música feita en galego tamén pode ter vixencia, atractivo e o seu espazo na noite, entre cervexas e copas”, sinala o dillei.

Labor de promoción
Ademais dunha boa promoción da lingua galega, con motivo da conmemoración anual que se celebra cada 17 de maio, esta iniciativa servirá para dar a coñecer a grupos que ofrecen os seus temas en galego e que, a través das redes sociais, xa aplaudiron a iniciativa deste local hostaleiro. De feito algúns artistas xa se puxeron en contacto co dillei encargado de pinchar esta noite para ofrecerlle ligazóns dos seus temas.

Iso si, a idea dos organizadores non é que a proposta de “pinchada en galego” quede só para a esta noite do 16 de maio, senón que se poida facer con certa periodicidade e introducila así na programación local vilagarcián. De feito incluso non se descarta algún evento con música en directo.


Por outra parte, e dentro da programación do Concello con motivo das Letras Galegas, a Biblioteca abría onte a exposición bibliográfica sobre a vida e obra de Carlos Casares.

“La Bolsa” rende homenaxe á lingua propia cunha noite enteira de música en galego

Te puede interesar