O Campamento Urbano de Nadal introduce visitas ao Castro Alobre e aos Ballotes

O Campamento Urbano de Nadal introduce este ano visitas históricas aos xacementos do Castro Alobre e dos Ballotes. A iniciativa, que cada ano se mergulla en actividades formativas para os máis pequenos, será impartida por persoal cualificado da empresa de servizos Integrados de Formación que deseñou a maiores un amplo programa baixo o título de “Nadal Máxico: os nosos desexos”. A través desta temática central os máis pequenos da casa realizarán propostas moi diversas que van dende obradoiros creativos e artísticos, contacontos, actividades musicais, manualidades, actividades en inglés e saídas didácticas. Tamén se traballarán de xeito transversal a educación en valores, a educación emocional, a inclusión social e a igualdade de xénero. As vistas citadas aos xacementos explorarán unha parte da historia de Vilagarcía descoñecida para moitos.
Proposta de conciliación
Coa iniciativa “Nadal Máxico: os nosos desexos” a Concellería do Xuventude volve a ofrecer ás familias con nenos pequenos unha proposta socioeducativa e de conciliación de cara ás vacacións escolares. Para este Campamento Urbano ofértanse 30 prazas destinadas a nenos e nenas de 3 a 7 anos. A actividade é completamenet gratuíta e os interesados poderán solicitar praza entre o 21 de novembro e o 5 de decembro.
As actividades terán lugar nas dependencias do CEIP da Escardia coincidindo co período vacacional nos colexios, é dicir, os días do 22 de decembro ao 5 de xaneiro en horario de mañá (de 9 a 14 horas). O programa inclúe obradoiros artísticos e creativos, manualidades, xogos guiados e libres e un sinfín de actividades máis. O servizo está dirixido a nenos e nenas empadroados en Vilagarcía e nacidos entre o 1 de xaneiro do 2010 e o 31 de decembro do 2014.
A Xunta de Goberno Local aprobou na súa última reunión as bases que regulan o acceso e funcionamento do campamento urbano de nadal, documento que se pode consultar nas dependencias de Xuventude ou no taboleiro de anuncios da web.

O Campamento Urbano de Nadal introduce visitas ao Castro Alobre e aos Ballotes

Te puede interesar