Catoira será a sede en 2019 do Encontro Vikingo que reúne a varios países cada ano

O Concello de Catoira acollerá no 2019 o encontro vikingo que celebra cada ano a Destination Viking Association, e que congrega a localidades de varios países. Unha delegació do Concello de Catoira, encabezada polo alcalde, Alberto García, viaxou a semana pasada a York (Reino Unido) para participar na asamblea anual desta asociación e no comité directivo do proxecto europeo “Segue aos Vikingos”. O encontro foi organizado pola York Archaelogical Trust e serviu para adoptar diferentes acordos, algúns dos cales afectan directamente ao municipio bañado polo río Ulla.
En primeiro lugar, acordouse a designación de Björn Butler, do museo de Foteviken, como presidente da asociación, tralo falecemento inesperado de Jimmy Moncrieff no mes de xaneiro.

Ademais, acordouse que o próximo encontro dos membros do proxecto “Follow the Vikings” será en Reikiavik (Islandia), entre os días 23 e 26 de otubro. Nesta reunión celebrearase un novo comité directivo e un seminario de dous días no que se presentará a novela gráfico que está a editar o proxecto. A trama xira entorno a ·Ragnarok”. A libraría fotográfica, que xa acumula máis de 20.000 imaxes, será outro dos temas do seminario, así como a edición de contidos para a páxina web.

O terceiro dos acordos que se adoptou é que a asamblea xeral da DVA do ano 2019 celebrarase en Catoira, o que permitirá aos 56 membros da asociación, pertencentes a 15 países, estreitar vínculos e coñecer máis a fondo o legado dos viquingos nesta zona.

Romaría
Tamén terán ocasión de coñecer, un ano antes, a Romaría Vikinga, xa que en agosto de 2018 a localidade da comarca de Ulla Umia acollerá o espectáculo “Follow the Vikings”, un “road show” baseado na historia de Eil Skallagrímssom, que inclúe unha mestura de actuacións en vivo con proxeccións dixitais..


Catoira é o único municipio español que forma parte da Destination Viking Association e do Itinerario Cultural Europeo de Vikingos. O proxecto “Follow the Vikings” conta con fondos da UE.

Catoira será a sede en 2019 do Encontro Vikingo que reúne a varios países cada ano

Te puede interesar