Centos de voces paran o tempo en Vilaxoán

Centos de voces paran o tempo en Vilaxoán
Copia de Diario de Arousa-2014-07-22-008-5a8c13af

Cun sol de xustiza e co mar como principal testemuña o tempo volveu a paralizarse onte en Vilaxoán como broche de ouro ás festas do Carme 2014. Centos de voces uníronse nunha soa nunha exitosa nova edición do Vilaxoán Canta, unha das propostas populares máis emblemáticas non só da comarca, senón de toda a provincia. Persoas de todas as idades xuntáronse de novo no parque de Dona Concha para fíar coa entonación propia das xentes mariñeiras todo un repertorio ensaiado dende hai semanas pola experiencia de Manso. Sobre el recaeu este ano a principal novidade da celebración. Unha recente operación imposibilitou a este músico de raza a coller o acordeón, pero participou activamente ao órgano e como non, coa súa recoñecible voz.
O certo é que o paso dos anos ten vencellado ao Vilaxoán Canta non só aos vilaxoaneses, senón a ducias de persoas que o luns despois do Carme se achegan ata esta localidade para participar nun espíritu común. Manso apuntaba onte antes da actuación que “evolucionamos este ano cara temas moi populares, que todo mundo coñece e que disfruta e que, polo tanto, son sinónimo de éxito”.
O certo é que, a xulgar polo éxito de público, Manso foi profeta dunha actuación que volveu bater récord de asistencia.

Centos de voces paran o tempo en Vilaxoán

Te puede interesar