Colaboración cidadá, actividades na rúa e gratis, claves en San Roque 2014

Colaboración cidadá, actividades na rúa e gratis, claves en San Roque 2014
Deportes. Fútbol. El actor vilagarciano Manuel Millán se incorporó a la masa social del Arosa, que ya supera los 800 afiliados.

Unhas festas para disfrutar na rúa, de forma gratuita e na que a pegada da colaboración dos vilagarciáns se combina con grupos de fóra no escenario. Esas son algunhas das claves que definen as Festas de San Roque 2014 presentadas onte pola concelleira de Cultura, Rocío Llovo. A edil anunciou o nome do pregoeiro: O actor vilagarcián Manuel Millán. As festas desenvolveranse entre o 14 e o 24 de agosto, se ben o Concello ten preparado un amplo programa festivo para encher de diversión todo o mes de agosto no que Vilagarcía apúntase á moda de revivir os anos oitenta.
Os nomes dos grupos que desfilarán entre o 14 e o 24 de agosto polo escenario de A Xunqueira, todos gratis, confirmáronse onte. Os encargados de abrir as festas serán os locais Cornelius  1960, que darán paso a La Edad de Oro del Pop Español, Roi Casal La Guardia, Danza Invisible e La Frontera, DVicio e Xuso Jones.
A música estará presente durante todas as noites que duren as Festas de San Roque. O día 15, previa da Auga, haberá unha sesión de Dj’s, pero será diferente a eventos anteriores nestas datas. Pincharán mozos de Vilagarcía e a cita será no parque do Centenario. Outra das actuacións destacadas é a preparada por “Os Terribles de Arousa” baixo o título de “Música dun pobo”, no que ofertarán cancións populares nunha taberna que recrearán e na que non faltará ningún detalle.
Entre as colaboracións, Rocío Llovo destacou a dos hosteleiros, que se encargarán de dinamizar moitas noites con actividades propostas polos establecementos de “Catro Rúas”, da Baldosa ou do Castro, por exemplo.
Llovo resaltou que haberá propostas para todas as idades. Os maiores disfrutarán o 18 de agosto dunha noite de boleros co grupo de acordeóns, mentres que o fin de festa será o 24 de agosto e correrá a cargo da Duendeneta cunha festa “flower power”.
A concelleira de Educación aposta por unhas festas que eviten os concertos de pago e que supla a falta de cartos con imaxinación e participación cidadá. Estes dous factores son os que permitiron ao Concello diseñar unha programación para o mes de agosto enteiro e que, a falta de concretar alguna data de eventos e horarios, poderase consultar xa a vindeira semana a través da web municipal.
O avance feito por Rocío Llovo inclúe títeres para os máis pequenos entre o 19 e o 22 de agosto en diferentes rúas e en horario de mañá. Polas tardes haberá sesións de cine infantil no parque de Ravella.
Disfrutar dos atardeceres da Ría de Arousa volverá a ser posible co chill-out da praia da Concha. Será entre o 4 e o 10 de agosto. A Festa da Ameixa está prevista para o domingo 17 e este ano agosto tamén inclúe a celebración das Revenidas de Vilaxoán.
O día 13 será a verbena dos maiores e as procesións tomarán as rúas o 15 con San Roquiño o Pequeno e o 16 pola tarde. Nesta última xornada, por suposto, a Auga será a protagonista e o Concello prepárase para recibir a miles de persoas, tendo en conta que este ano coincide nun sábado. Os dispositivos de seguridade tanto para este evento como para o Combate Naval do 23 de agosto xa están organizados. A unidade do 112 convértese nunha das ferramentas máis importantes do operativo e na Festa da Auga haberá cámaras para vixiar e coordinar aos medios de seguridade en caso de emerxencia. Llovo puntualizou que non gravarán imaxes, senón que servirán para ter unha visión xeral de zonas como a Praza de Galicia. Neste punto de control disporán de medios de comunicación vía satélite, cos que evitarán os fallos de comunicación rexistrados na pasada edición ao quedar inoperativas as sinais dos móbiles.
Polo demais, o programa complétase con actividades deportivas, unha feira de artesanía, a da cervexa, Viña García e ata un desfile de traxes tradicionais galegos.

Colaboración cidadá, actividades na rúa e gratis, claves en San Roque 2014

Te puede interesar