O Concello e Zona Aberta reparten 5.000 cinseiros para recoller as cabichas na praia

O Concello e Zona Aberta reparten 5.000 cinseiros para recoller as cabichas na praia
Lino Mouriño, edil de Medio Ambiente, repartindo os cinseiros na Praza de Galicia | gonzalo salgado

O Concello de Vilagarcía e a asociación de comerciantes Zona Aberta son os promotores dunha campaña encamiñada a mellorar a limpieza nos arenais da localidade. As dúas entidades repartirán un total de 5.000 cinseiros (en diferentes cores e a gusto do consumidor) totalmente transportables e pensados para gardar as cabichas na praia.
Así o comunicaron o edil de Medio Ambiente, Lino Mouriño, e a presidenta de Zona Aberta, Rocío Louzán, que instalaron unha pequena carpa na Praza de Galicia para informar aos viandantes desta proposta.
Aqueles que onte non puidesen recoller o seu particular cinseiro aínda están a tempo de facelo. De feito, e así o sinalou Mouriño, estes estarán listos para recoller de forma totalmente gratuíta nos postos de socorro das praias vilagarciáns do Campanario, Preguntoiro e A Concha-Compostela.


Campaña de concienciación
Rocío Louzán sinalou que moitos dos residuos que se xeran nas praias son chicles e cabichas e que estes son moi complicados de eliminar e recoller. Daí que “decidísemos levar a cabo unha campaña de recollida con cinseiros que non só sirven para a praia, senón tamén para o bolso e que van ser útiles para eses pequenos restos”. A idea non é outra que mellorar a imaxe que pode dar o Concello non só para os propios veciños, senón tamén para todos aqueles que visitan a localidade na temporada estival.
Pola súa banda Lino Mouriño destacou que esta campaña é un “pequeno xesto que nos pode servir tamén para facer grandes cousas”. Manifestou que as cabichas que se tiran nas rúas son retiradas, non sen traballo, polo personal do servizo de limpeza, pero que a maquinaria non é capaz de retirar as que se depositan na praia. “As cabichas son dun material moi resistente que é moi díficil de retirar”, explica o edil de Medio Ambiente.
Sinalou que esta iniciativa promovida conxuntamente con Zona Aberta serve para “concienciar á xente dos residuos que xeramos e como estas pequenas cousas poden contribuír a mellorar moito o medio ambiente e tamén a cidade e os espazos que compartimos”.
Así as cousas os cinseiros de plástico de cores poden recollerse dende xa nos postos de socorro de forma totalmente libre e gratúita.

O Concello e Zona Aberta reparten 5.000 cinseiros para recoller as cabichas na praia

Te puede interesar