Consellería e sector abordan a veda do polbo nunha campaña marcada polos prezos

Consellería e sector abordan a veda do polbo nunha campaña marcada polos prezos
Diario de Arousa-2014-05-17-008-065e3b31

O sector do polbo e a Consellería do Mar negocian nestes días o periodo de veda xa que a pesar de que na orde se fixaba a entrada o 17 de maio esta data estaba suxeita a cambios según se decidise nunha valoración feita o pasado mes abril, según fontes da administración autonómica. Unha maioría aposta por ampliar a pesquería ata o 30 de maio deixando como periodo de descanso do recurso o mes de xuño tras unha campaña marcada polos temporais.  Nembargantes, existen outros pósitos que defenden que non se lle poden cambiar os ciclos ao polbo e que unha veda dun mes é escasa. De feito, aseguran que xa se iniciou o periodo de desove do polbo e non se debería andar pescando. Pero polo momento non hai nada decidido, segundo apunta Mar.
Sobre os topes máximos de capturas establécense 30 quilos por embarcación e tripulante ata o 30 de setembro (antes era ata o 30 de outubro) e, tras esa data, o máximo serán 50 quilos por barco e tripulante. Ademais acordouse mellorar o sistema de precintos de identificación das nasas, ao tempo que se introduce a identificación con precintos para mellorar o control. Polo que se refire ao número de nasas acordáronse variacións respecto ao sistema actual. Aínda que se manteñen os tramos para a asignación de máximos según o tamaño do barco e siempre en función do número de tripulantes, a decisión foi dun máximo de 300 nasas para os barcos de menor porte, de 600 para os tramos seguintes.  As cifras e a facturación rexistrada nas lonxas arousanas non enganan. Pescouse máis cefalópodo, pero os prezos non acompañaron e a facturación no que vai de campaña caeu e máis de 400.000 euros pescándose ata 4.000 quilos máis deste produto.  A clave está no prezo medio acadado nas lonxas e que se especifica no portal Pescadegalicia.com que cae ata nun euro. n

Consellería e sector abordan a veda do polbo nunha campaña marcada polos prezos

Te puede interesar