O DepoRuArte enche de orixinalidade e enxeño dos mozos o centro da cidade

O DepoRuArte enche de orixinalidade e enxeño dos mozos o centro da cidade
Diario de Arousa-2017-07-16-007-47ab9a6c

Nin a calor nin o feito de celebrarse en pleno mes de xullo frearon a orixinalidade e o enxeño de todos aqueles que participaron no programa DepoRuArte promovido pola Deputación de Pontevedra e que chegou onte directo a Vilagarcía. 
A Praza de Galicia converteuse no escenario perfecto para as diferentes actividades desenvolvidas e, fundamentalmente, para os obradoiros pensados para a xente máis nova que chegaba a participar coa idea de divertirse. E si, conseguírono de sobra.
O breakdance, os obradoiros de graffitis, beatbox ou a personalización de gorras foron os proxectos máis aplaudidos polas persoas de entre 12 e 30 anos que se atreveron a participar. Iso si, todo totalmente gratuíto.
A iniciativa chegou a Vilagarcía como un dos concellos escollidos da provincia para pór en marcha este tipo de propostas diferenciais.
De feito o obxectivo co que naceu DepoRuArte foi co de ofrecerlle aos concellos con menos de 50.000 habitantes alternativas de ocio e de formación. O que se fixo foi converter a Praza de Galicia nun espazo alternativo de lecer no que, aproveitando a afluencia de xente os sábados pola mañá por mor do mercadiño, servise para a distracción de todos aqueles que pasaban por alí. E vaia se se conseguiu. 
O DepoRuArte xa estivo tamén noutros municipios da provincia que, sobre todo durante o verán, teñen unha maior afluencia de xente a causa do seu forte empuxe turístico e de visitantes de fóra. l

O DepoRuArte enche de orixinalidade e enxeño dos mozos o centro da cidade

Te puede interesar