Educación descarta o cambio de horario en Rubiáns e aplaza a solución ao pavillón

Educación descarta o cambio de horario en Rubiáns e aplaza a solución ao pavillón
Diario de Arousa-2014-07-25-036-69e19eb3

A Consellería de Educación pospón para o vindeiro ano a solución ao pavillón do CEIP de Rubiáns. Será no 2015 cando se coñeza o contido do informe técnico que está elaborando a administración autonómica e se decida as medidas que se deben tomar. O xefe territorial de Educación, César Pérez Ares, sinalou onte durante a visita ao colexio Arealonga que a prioridade nestes momentos é o cambio de fiestras \“tal e como nos demandou o centro\” e que \“a homologación\” do ximnasio farase tendo en conta o que diga a unidade técnica. Respecto a petición dos pais realizada hai uns meses sobre o peche das instalacións, Pérez Ares asegurou que deben ser os técnicos os que decidan sobre este asunto.
En canto o cambio de horario solicitado pola dirección de Rubiáns, cabe recordar que durante o pasado curso os alumnos do centro entraban unha hora máis tarde ás clases por un problema de transporte escolar e que chegaban as súas casas a comer preto das catro da tarde, Pérez Ares asegurou que non haberá ningunha modificación. \“Non vai a haber cambios. Se modificamos un colexio afectamos a todos\”, apuntó. O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou onte Vilagarcía para analizar coa concelleira de Educación, Rocío Llovo, os traballos de mellora levados na cuberta do CEIP Arealonga. Durante o percorrido polo colexio o responsable territorial e a concelleira analizaron as necesidades deste centro e doutros do municipio en compaña do xefe territorial de Cultura e Educación, César Pérez Ares, da directora e inspectora do centro educativo a dun axente da unidade técnica. Así, segundo comentou Cores Tourís, a administración autonómica levou a cabo a reforma da cuberta e caños da pista que comparten este colexio xunto co CEIP A Lomba. \“Esta obra, xunto coas demais xa rematadas, constitúen unha mellora neste centro educativo para todo o persoal docente e o alumnado\”, engadiu o delegado territorial, que destacou que \“supuxo un investimento de 59.971,13 euros e atopábanse como prioritarias dentro dos proxectos a executar pola Xefatura Territorial de Cultura e Educación\”. Dende 2009, o CEIP Arealonga foi obxecto de diversas melloras por un montante total de 339.372,70 euros. Deste xeito, cambiáronse os falsos teitos e luminarias, repuxéronse ventás, facilitouse a asistencia técnica en forxado sanitario e reparouse a caldeira. O xefe territorial, César Pérez Ares, destacou así mesmo que dende 2009 lévanse realizado obras de mellora e reforma en diversos entidades educativas por un montante total de 1.262.053 euros, que xunto coa inversión feita polo Concello alcanzan os dous millóns.

Educación descarta o cambio de horario en Rubiáns e aplaza a solución ao pavillón

Te puede interesar